O alcalde de A Pontenova, Darío Campos, respondeu onte ás críticas da oposición municipal con respecto á posible perda dunha subvención da UE destinada á Escola de Música, que Jorge García cifrou en 200 000 €. Campos afirmou que o portavoz do PP "segue tratando de confundir á xente con mentiras e falsedades", e explicou que "se o proxecto non saiu adiante de momento foi precisamente por culpa do anterior goberno, do que formaba parte o señor García; convocou dous concursos que houbo que declarar desertos, xa que ningún constructor se quixo facer cargo da obra pola escasa dotación económica reservada para facela". Aclarou, ademais, que a subvención é, en realidade, de 147 000 €. Campos engadiu que "os datos están a disposición de tódolos veciños no Concello", e sostivo que "esta é unha hipoteca máis do goberno do Partido Popular, unha de tantas; é ridículo que nos acusen de xestión defectuosa, porque a nosa xestión neste asunto, en todo caso, comeza ag