Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2007

A Seimeira. Na Pontenova un roteiro a muiños con historia

Imaxe
Vilarxubín é o final desta ruta que cando esté rematada de señalizar e limpar mellorará aínda máis a das Reigadas que pasará a ter un desvío rico en natureza e historia. Pasados os muiños da Seimeira agardábanos unha travesía difícil que fomos salvando polo medio dun chan complicado e unha vexetación de cualidades pouco comúns. Cando chegamos ós muiños da Seimeira un ten a sensación de que gardan historias descoñecidas. Algunhas serán de troula e outras de amargura pero son boas testemuñas que é preciso cuidar e conservar. O noso guía Eliseo, púxonos dificil seguir o seu ritmo a pesares de que estreabamos botas de Gore Tex. Xa me dixera Manolo da Ermida que as botas non o eran todo e non me engañou nin neso nin nas súas cualidades. A técnica de Metacortex toma boa nota dos puntos de referencia, das arbres, das prantas e os animais que atopa no camiño para facer un panel informativo para a ruta. A seimeira levaba avisándonos da súa presencia dende había un bo rato. A auga no medi

María Luz Loureiro García, Premio Galicia de Investigación 2006, primeira muller que lé o pregòn na Pontenova

Imaxe
Unha profesora da Universidade de Santiago será a primeira muller que lé o pregón das Feiras de Outubro da Pontenova. María Luz Loureiro García que naceu no Lugar de Vilarmide do Concello da Pontenova, é licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago (1995), ten un Máster en economía agraria e medioambiental e obtivo o Doutorado na Universidade de Washington no ano 2000 coa tese “Collective reputatión & labeling”. Foi profesora na Universidade de Colorado entre os anos 2000 e 2003, realizou ademais unha estadía como profesora visitante na Universidade Carlos III de Madrid e posteriormente foi nomeada investigadora titular no Instituto Noruego de Investigacións Agrarias , en Oslo. No ano 2004 retornou a Galicia cun contrato de investigación Ramón y Cajal e na Actualidade traballa no Instituto Universitario de Desenvolvemento Económico de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicado numerosos artigos sobre os recursos agrarios, abordando tema