Publicacións

A Santa Substituta (Non hai Conforto)

Imaxe
Agora máis que nunca recobra importancia a Santa de Conforto. Se cadra cinco anos despois daquelas masivas, reiteradas e longas protestas por aquel famoso troco, recambio ou "restyling" da “Santiña de Conforto”, á auténtica ou substituta, vaille aparecer un montón de traballo. Sorte para os crentes que poderán ir da man da súa fe ó Santuario de Conforto e contarlle os seus problemas de saúde á “santiña” e, se é o caso, deixarlle unha prenda ca enfermidade colgada no “salgueiro chorón” do adro. Todo elo, tamén hai que dicilo, sen ter que pedir cita previa e sen horario.

Sexa a santa “boa” ou a substituta hai que agradecerlles ós curas que a devolveran despois de pasear por Galicia enteira para “curala”, pintala ou para facer unha substitución provisoria en calquera outro santuario, tal cal fan os profesionais do Sergas con contratos a tempo parcial, por horas ou como e cando ós políticos de quenda lles parece que serven ós seus intereses, importando ben pouco as necesidades do…

Desmantelamento programado do rural

Imaxe
A operación bikini chegou á prensa escrita como tódolos veráns para amosarnos un “estilizado” contido nos diarios. A festa a esgalla, os baixa como poidas, as carreiras de rolos de herba, o lanzamento de eixado, as festas de época, das carrilanas, da carne ó Caldeiro, do polbo, do farragullo e outras comerolas varias,  a festa da malla ou da meda, e ata unha manchea de matatempos enchen as follas dos diarios ou, se cadra, as valeiran, segundo quen os lea. Nada mellor que, ensartada nesta voráxine vacacional e lúdico festiva, na que o postureo enche de cores diversos a crónica política, se nos cole o que de verdade importa,  disolto neste empalago de horchata festiva. Agosto sempre foi un bo mes para a mallega e para que as novas non teñan “eco”. El Progreso do 19 de agosto de 2018 pode lerse nun “pis-pas” deixándose levar, sen máis, ata a contraportada onde, como ven sendo habitual, Rodrigo Cota nos convide á reflexión. Se cadra, entón, convén darlle outra volta. Abondou chegar de volta …

25 ANOS NON SON NADA

Imaxe
Pensei que estaba nunha máquina do tempo que me levara de novo ao ano 1992, pero todo me resultaba familiar e actual. Soou o teléfono e pechei o "dossier" que estaba lendo e na portada figuraba a seguinte lenda:
ASAMBLEA GENERAL, 1993

ASOCIACIÓN PARA EL FOMENTO Y DESARROLLO DE A PONTENOVA

25 anos non foron suficentes para salvar certos atrancos. Se cadra imos algo lentos. 
Así é como se trazaron sobre o papel as previsións para a posta en marcha do Parque Empresarial de A Pontenova. Non sei si quen escribía era o redactor do proxecto Mario Iglesias ou o eterno Xerente de Xestur Jorge Carballeira.

 25 anos despois segue sen rematar
O enésimo convenio asinado  segue sin cumplirse.

Os empresarios seguen querendo saber o mesmo.

CATASTRAZO

Imaxe
O Real Decreto-Lei 3/2016, de 2 de decembro, “polo que se adoptan medidas en el ámbito tributario dirigidos a la consolidación de las finanzas públicas y otras medidas urgentes en materia social” inclúe A Pontenova entre os concellos que se ven obrigados a actualizar os seus valores catastrales cun incremento dun 8% dos valores actuais. Como é evidente esto non atende a criterios técnicos obxectivosque teñan que ver cos valores reais dos bens inmobles situados no termo municipal da Pontenova. Neste caso como no resto dos concellos afectados, o único criterio para ésta e para o resto das medidas que se recollen no citado Real Decreto-Lei, é o compromiso adquirido polo goberno español ca Comisión Europea e a Merkel, de recortar o déficit público nuns cantos miles de millóns de euros. De calquera xeito estas políticas do Partido Popular tiñan o terreo preparado por algo que, se cadra, nos pasou desapercibido no seu día. A reforma do artigo 135 da Constitución Española promovida polo gobern…

Os Enxebres da Pedra d'Arca

Imaxe
Na "Vendima Tarda" de Treixadura soa unha peza tradicional, "Muiñeira da volta da festa", que di:
"O gaiteiro de Soutelo foi tocar a Redondela, deixou a gaita no camiño e agora chora por ela."

Nos camiños da Pontenova quedaron moitos dos sons dos nosos gaiteiros. Como me dicía Cesáreo do Vilar de Conforto, "avisabamos da nosa chegada tocando polo camiño antes de chegar ás festas".  Os da Pedra da Arca fundáronse en forma de cuarteto no ano 1936. Empezaron chamándose "Os da Victoria", seguramente nunha época onde a música empezou a "estar mal vista" o nome debía ser un pouco "condescendente" cas autoridades. Pero o mellor é falar da música. Xusto co clarinete, Benedicto co Bombo, tres gaitas que pasaron por distintas mans ata rematar en Agustín nos últimos anos e unha caixa que Cesáreo, o fillo de Xusto, desexaba tocar dende neno, constituían a última formación do grupo. Música tradicional, música de festa e moitas …