Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2014

Non hai "CONFORTO"

Imaxe
Resulta difícil de entender como unha "torpeza" de dous curas o ocurrido en Conforto. Se cadra habería que pensar na soberbia do delincuente que pensa que nunca o van a coller porque leva moito tempo facendo o mesmo. Pero que naide me entenda mal, non estou calificando a naide de delincuente, só digo que as persoas que delinquen non avisan antes pero si dan explicacións ainda que naide lle las teña pedido expresamente. Digo esto porque a reportaxe fotográfica que os curas prepararon a conciencia e con antelación  para pechar bocas no "mitin" que se barruntaba no Santuario de Conforto, non deixa de ser unha explicación que naide pedira ainda. Un pensa naquelo de que "excusatio non petita, acusatio manifiesta". Apetéceme dicilo así porque tratamos con curas e "saben latín" como todo o mundo sabe.  Dous curas que xa no seu exercicio diario teñen que pelexar contra unha, seguramente ben merecida, impopularidade e "mala fama"

A Pontenova en El entorno METROPOLITANO

Imaxe
Ainda que non sexa a frase orixinal, como di Perfecto, "como las vi, se las endoso".  Esta é a presenza de A Pontenova neste novo periódico EN PAPEL e GRATUITO. De paso apetéceme celebrar que El entorno METROPOLITANO teña na rúa o nº 2, que A Pontenova teña a presencia que ten nas súas páxinas, como seguidor dos "CROQUES" de Perfecto Conde disfrutar de novo do seu "no lo se hacer" e que sexa unha pontenovesa, Celtia Traviesas, o motor deste proxecto. Parabéns.

"Hai néboa todo o ano. Alí está a nai de tódalas néboas"

Imaxe
De novo a A-8 no seu paso por Mondoñedo estivo pechada durante horas esperando a marcha da habitual néboa que se vai moi paseniño. Supoño que serán cousas do cambio climático, dígoo por  botarlle a culpa alguén que non teña que dar explicacións . Esta infraestructura estrela, vendida ata a fartura por tódolos ministros de obras públicas da democracia, foi finalmente un caralludo fracaso caracterizado por ser cara na súa construcción, constatadamente perigosa para o tráfico e ata  inútil boa parte do ano. Habería que retroceder a aqueles anos nos que se plantexaba a posibilidade do seu trazado máis interior percorrendo Vegadeo , Trabada, A Pontenova, Riotorto, Meira,... ata Lugo. Claro que daquela mandaba en Galicia o chairego Don Manuel e non podía facérselle o feo de non levarlle a autovía ata Vilalba , fose por onde fose e costase o que costase. Se cadra non convén entrar no desdoblamento da Ponte dos Santos pero seguramente falar dende o punto de vista técnico dest