Publicacións

Mostrando publicacións desta data: March, 2013

"...el funcionamiento de la corporación municipal de Villaodrid es irregular"

Imaxe
O 21 de febreiro de 1924, Don Miguel de Unamuno foi destituído como Rector da Universidade de Salamanca e desterrado á Illa de Fuerteventura, onde escribiu “Romancero del destierro”, por estar en contra da ditadura de Primo de Rivera.
Xusto un mes antes finou en Gorki (Rusia) Vladimir Ilich Ilianov máis coñecido como Lenin e primeiro presidente da Unión Soviética.
Por aquí as cousas non estaban moi tranquilas tampouco. Julio Lazúrtegui seguia pelexando polo ferrocarril que unira Ribadeo cas minas do Bierzo aproveitando os máis de 30 kilómetros de vía xa construídos dende Vilaoudriz para dar saída ao mar ao ferro da súa explotación mineira. Mondoñedo, Lourenzá, Vilalba, etc artellaban un auténtico “lobby” para opoñerse a este proxecto e lograr que pasase pola cidade episcopal. Seguramente non lles faltaban argumentos para defender a existencia dun ferrocarril que dese servizo a eses concellos, o que lles faltou foi un emprendedor da talla de Lazúrtegui para levar adiante a empresa. Des…