Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2009

"El griterío"

Imaxe
" Os amigos sensatos, aos que coma min asusta o griterío, soen loubarme o gusto por estar parte do ano fora, lonxe desa tendencia tan nosa de converter en exabrupto calquera debate . Por sorte e por desgraza , a lonxanía xa non é o que era. Un xa non se vai á maneira machadiana, espido de equipaxe, senón que leva ás costas todo o griterío, metido no ordenador do diaño. E que conste que me levo moi ben co aparello: permíteme trasladar a miña profesión debaixo do brazo e creoume vencellos de amizade con persoas ás que doutra maneira non coñecería. Son asíduo visitante de blogs literarios, humorísticos, políticos, e comparto bromas cun círculo de ciberamigos aos que teño nun altar. Vivir fora permitiume comprobar que a realidade a través do ordenador chega tremendamente distorsionada, porque o que máis rápido viaxa é, sen dúbida, o griterío, tan casposo e agresivo, encontrou no ciberespacio o su elemento . O griterío maniféstase en revistas dixitais, pero tamén en forma de libelo cib

Cámbioche esta parroquia miña por aquela túa.

Fai uns anos estabamos a cambiar cromos de Reina (padre) ou de Sanchís (padre), parécenos que pasou moito tempo. Agora non hai afición aos cromos e os nosos fillos cambian iconos, fotos, animacións polo messenger, teñen un blog, están no facebook, no tuenti ou algo así. No século XIII eran os bispos os que trocaban nada menos que parroquias enteiras. O Bispo de Mondoñedo fíxose cas parroquias (ou parte delas) de Vilarmide, Vilaboa, Vilameá e Vilaoudriz trocándollas ao Abade e Convento de Meira por outras da Terra Chá. As Terras de Miranda pasaron pois a depender de Mondoñedo no ano 1263. Este documento dun arquivo particular da fe do troco. Permuta de varias iglesias entre el Obispo de Mondoñedo, D. Munio, y el Abad del Convento de Santa María de Meira, Heyméricus.- Año 1263 --------------------------------------------------------------------------------------------- 29 de Noviembre de 1263 .- El Obispo Don Munio, de Mondoñedo, con el consentimiento de Martín de Pedro, Deán, y del Cab