Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2012

CON FUSIÓN. 50 ANOS

“Así lo dispongo por el presente Decreto, dado en Madrid a veinticuatro de julio de mil novecientos sesenta y tres”. Este é o remate do decreto de fusión dos concellos de “Puente Nuevo y Villaodrid”. Non tería nada de especial se non fose que firma Don Francisco Franco e o Ministro de Gobernación Don Camilo Alonso Vega. Hoxe, 49 anos despois, podemos especular acerca dos motivos que levaron aos dous concellos á fusión. Tamén sobre os posibles paralelismos coas motivacións que poden ter hoxe outros concellos para decidir fusionarse. Este exercicio non debe facernos perder de vista que daquela os concellos non decidían nin pedían fusionarse. A fusión viña ditada pola “autoridade competente”, por moito que se vestise con actas de plenos e decisións de órganos colexiados. Puente Nuevo e Villaodrid non se fusionaron, fusionáronos por decreto. Ca fusión púxose fin ás numerosas liortas de veciñanza entre dous concellos condenados ao entendemento. Seguramente sexa máis útil poñer o