Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2014

Conforto nun "Relato Salvaxe"

Imaxe
Unha Santa que se ispe diante da multitude para demostrar a súa inmaculada auténticidade tardogótica, aparece desmellorada despois dun frenético ir e vir nunha bolsa de “El corte Inglés”. Sin saberse a onde nin con quen. De volta trae no colo un fillo que ninguén coñecera, que faltaba dende a época da Inquisición. O rapaz descoñecido produce marmulacións de pecados inconfesables. Un cura que fachendea da súa erudita formación artística ao tempo que se aplica afanoso a  taladrar cunha broca do 10 (de Widia por suposto) unha, presuntamente auténtica, talla do século XV, para introducirlle, artísticamente, unha “varilla roscada”. Algúns din que o do taladro foi “o canteiro descoñecido” do que hai cara pero non nome nin enderezo. Un Párroco de aparencia feble, empeñado en demostrala, que arrastra o seu arrepentimento como se fose unha cruz da que nin intenta sacudirse. Camiña temeroso e trémulo cara un destino incerto, seguramente lonxe da súas parroquias. Un carís

Sin Conforto co ÉBOLA

Imaxe
"Dúas cousas son infindas: a estupidez humana e o universo; e non estou seguro do segundo". Cando Einstein dixo esto aínda non sabía que Mariano Rajoy iba formar goberno en España, por chamarlle dalgún xeito ao de "formar", pero é posible que xa pensara nel. Hoxe quería falar do "problema de Conforto" pero evidentemente falar de Conforto  en tanto unha veciña nosa, de Becerreá, está en perigo de morte por ébola pode parecer unha frivolidade. A enchente de noticias sobre ébola producíronme unha tremenda preguiza para pensar en Conforto. Sin embargo é innegable que hai puntos que amosan certo paralelismo entre entre o que ven de ocurrir en Conforto e do que está a ocurrir co ébola en "Españistán". Seguramente calquera dos dous asuntos son o retrato en branco e negro desta sociedade na que vivimos porque así a construímos. Nin avisar siquiera de que esto de establecer un paralelismo non é máis que unha especie de terapia persoal que m

A Pontenova en El Entorno Metropolitano

Imaxe
Xa está repartido polos establecementos da Pontenova El entorno Metropolitano. Vai polo nº 3 e ten pinta de durar. Nestes tempos difíciles para a prensa en papel parece un milagre que un periódico gratis salga adiante. Pero eu non creo nos milagres; estou convencido de que o éxito vai parello á calidade e a calidade sen dúbida vai da man do traballo. Merece a pena lelo de cabo a rabo e por suposto, sin saltarse os espazos dedicados á Pontenova.  Parabéns e grazas por prestarme un pouco do voso espazo.

As feiras

Imaxe
Sempre foron "As Feiras" da Pontenova unha cita á que non fallaban tratantes, arrieiros, oleiros, zapateiros e todo tipo de comercios ambulantes que ateigaban o entorno do Rego da Pumarega no que hoxe é a rúa da Feira e a praza do Concello. Seguramente a moitos nos teñen contado infinidade de anécdotas dos mercados da Pontenova, de persoeiros populares que viñan cos seus produtos e despois de catar o viño do Maragato e das outras tabernas soltaban a língua e facían das feiras un acontecemento que daba que falar ata as do ano seguinte. Claro que daquela no rural, aínda ás portas do que hoxe sería o que se entende por probeza, permitíanse certas ledicias periódicas grazas a que algúns produtos do campo e da gandeiría se levaban ao mercado para, precisamente o que dicía, poder darse algunha pequena ledicia.  Pois todo eso rematou. Non me refiro ao da probeza do rural, senón ao de traer os produtos do campo aos mercados. Feijoo09, o "iluminado"