EL PROGRESO 15/07/2007

"JOSÉ RAMÓN GÓMEZ BESTEIRO, primeiro presidente socialista na Deputación Provincial de Lugo nos 171 anos de historia da institución

Van vostedes revisar moitas cousas?
—Non se trata de revisar; trátase de axustar, de analizar, de ver as posibilidades que quedan no presuposto do 2007 e ver se a execución é correcta, que supoño que si. Pero temos que empezar a traballar xa nos orzamentos do 2008, que son nos que temos que deixar o noso sinal de identidade.

Hai uns días, dicía vostede nunha entrevista que non vai facer unha política revisionista.
—Dicíao porque cando hai unha alternancia despois de tantos anos, sempre hai un intento de dicir como se fora un réxime: o antigo réxime, o novo réxime, por exemplo. É inevitable que se entre a falar de políticas revisionistas, de rebuscar, de remexer... Eu creo que o mellor é falar de xestión e en clave de futuro. Iso non significa que non haxa cousas que nos volvan ao futuro dende o pasado e que teñamos que desmontar, pero non cunha obsesión de "vou desmontar todo porque todo estaba feito mal". Haberá cousas que estaban mal, pero hai outras que estaban no pasado e que non afectan ao futuro e para as que non debemos nin temos que mirar, porque non nos achegan nada. As obsesións sempre son malas. Esa obsesión de cambiar as cousas porque o dicíamos no pasado e agora non podemos cambiar convértense en obsesións e despois xera frustración. Os pasos que dea un goberno non debe estar baseados nin nas obsesións nin nas cousas que poidan xerar frustración, porque esa sería a primeira debilidade dun goberno. Hai que facer cousas, non hai que ter medo a equivocarse, porque ao final o que se equivoca é porque fixo algo. O que nunca fai nada nunca se equivoca. Hai que buscar de acertar, pero se se equivoca un, eu creo que a equivocación xérache experiencia. O non facer nada xera frustración.

Pero eu supoño que nos primeiros meses van falar moito de temas do pasado...
—Si., evidentemente, e aí hai que entrar..."


Estas respostas sacadas dunha entrevista con José Ramón Gómez Besteiro ben poideran ser respostas de Darío Campos Conde falando do Concello da Pontenova. Esta identificación de ideas e visións da realidade é algo máis que unha casualidade.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Como funciona a Galicia que FUNCIONA ¿..?

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

MAÑÁ TOCA VOTAR CON ...XEITO