PORÉN (1)
Hai quen pensa que o asunto dos curas que enche a prensa, as redes sociais e moitas conversas dos veciños da Pontenova, está moi politizado. Algúns pensan que dende Ponte Ágora, quen asina, trata de facer "política" deste asunto. Os que así se manifestan tratan de aplicar "política" como adxectivo pexorativo, porén para a maioría, "política" é "substantivo" en moitas das acepcións da RAE . Xa non participo en política e, por si houbese algunha dúbida, non teño planes de participar a medio prazo, porén non son alleo aos problemas "políticos" do noso Concello e, a estas alturas, non teño problema ningún, só faltaría, en escribir sobre política municipal. Na Pontenova nos últimos 60 anos pecharon máis de 300 empresas e as que pretendían ubicarse en terreos deste concello, foron instalarse a outros concellos porque non había solo disponible, porén o Parque empresarial segue sen rematarse. Tódolos partidos políticos ...
Comentarios
Graciñas e un abrazo d'un paisán fora da terra.
Lught.
O primeiro tramo que empeza en Sanxés discurre por antigos camiños e "carrieiras" moi fáciles de andar. Cando xa nos achegamos á Seimeira pode haber un pouco de dificultade porque hai que pasar por un carreiro estreito onde o perigo pode estar en esbarar si está o chan mollado.
Todo o traxecto está limpo de maleza ata os muiños e por agora habería que voltar ó punto de partida en Sanxés aínda que, como dicía ó principio, dende o Concello pretendemos continuala ata Paradela pasando por Vilarxubín.
Na Seimeira existe a posibilidade de baixar ata o punto máis baixo da caida da auga pero a difucultade pode ser alta e o traxecto perigoso ó tratarse de un terreo inestable formado por pedras soltas que anque están cubertas con folla e mofo que lle dan un aspecto compacto, móvense con moita facilidade ó pisalas. Coido que este tramo que é un desvío da ruta somentes o deben facer persoas que teñan costume de andar por este tipo de terreos; neste tramo eu persoalmente calificaría a difucultade de alta.
O tempo de ida e volta pode ser de unhas duas horas e a dificultade baixa ou media, agás o tramo do que falei antes.
Somentes está sinalizada a entrada e nun par de sitios máis con sinais non estandarizadas. Nos vindeiros días sinalizaremos o tramo xa limpo e trataremos de rematar a ruta.
Benvido a este caderno de notas e gracias por dedicarlle parte do teu tempo.
Saúdos.
Carlos Xesús Varela Aenlle
En canto ao de dicir cascada ou fervenza da Seimeira é como dicir a ponte da Pontenova. A Seimeira úsase na zona máis como topónimo que no seu uso común.