Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2015

Os Enxebres da Pedra d'Arca

Imaxe
Na "Vendima Tarda" de Treixadura soa unha peza tradicional, "Muiñeira da volta da festa", que di:
"O gaiteiro de Soutelo foi tocar a Redondela, deixou a gaita no camiño e agora chora por ela."

Nos camiños da Pontenova quedaron moitos dos sons dos nosos gaiteiros. Como me dicía Cesáreo do Vilar de Conforto, "avisabamos da nosa chegada tocando polo camiño antes de chegar ás festas".  Os da Pedra da Arca fundáronse en forma de cuarteto no ano 1936. Empezaron chamándose "Os da Victoria", seguramente nunha época onde a música empezou a "estar mal vista" o nome debía ser un pouco "condescendente" cas autoridades. Pero o mellor é falar da música. Xusto co clarinete, Benedicto co Bombo, tres gaitas que pasaron por distintas mans ata rematar en Agustín nos últimos anos e unha caixa que Cesáreo, o fillo de Xusto, desexaba tocar dende neno, constituían a última formación do grupo. Música tradicional, música de festa e moitas …

90 anos da Irmandade Labrega de Conforto

Imaxe
Corría o ano 1925 ca ditadura de Primo de Rivera xa institucionalizada grazas ó inestimable apoio do monarca borbón Alfonso XIII. Ca  "comprensión" do  rei,   o  ditador  fíxose  co  poder absoluto emulando ó que Mussolini e os fascistas  estaban  a  facer  en  Italia,  tamén  co  beneplácito,  apoio  e "comprensión" doutro monarca emparentado co borbón. En fin, cousas da historia que se cadra xa se repetiron, sin nós sabelo.
Resulta curioso, por decir algo, que unha das primeiras medidas do ditador Primo de Rivera fose a prohibición da bandeira e o himno catalán e a "restrición da lingua catalana ó eido privado". No fondo parece que non pasou o tempo e a "xenética" dalgúns dos que gobernan este país segue a mandar hoxendía nas decisións políticas.
Non é "raro" pois que as políticas sociais daquela seguiran o modelo fascista italiano ó igual que a política represiva. Intentou o dictador Primo de Rivera montar o que chamou a Organizació…