Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2010

Villaodriz en "La Vanguardia"

Imaxe
"La Vanguardia" é un dos periódicos máis antigos dos publicados en castelán. Fundárono no 1881 os irmáns Godó Pie. Definido no seu día como "Diario político de avisos y noticias", foi órgano de expresión de liberais e constitucionalistas. A partires do 1 de xaneiro de 1888, coincidindo ca Exposición Universal de Barcelona, pasou a ser un modelo de diario independente e plural. En La Vanguardia firmaron artigos Leopoldo Alas Clarín ou Unamuno. O de chamarse durante un tempo "La Vanguardia Española", foi a partires da victoria franquista na Guerra Civil, e unha de tantas imposicións da dictadura, que ademáis de censuralo coma toda a prensa, impúxolle un director declarado anticatalán. Hoxe La Vanguardia segue a ser para moitos un referente do periodismo independente. Nas súas páxinas tamén ten aparecido nos últimos anos a sinatura dunha periodista da Pontenova residente en Barcelona (Celtia Traviesas). Pero eu non quería falar de La Vanguardia senón de Vila