Diaz Villamil na memoria

Anque os que agora temos preto de 40 anos non podemos ter na memoria por mor da idade a persoeiros coma Díaz Villamil, Gándara ou Torviso, entre outros; algúns sentímonos obrigados moralmente a recuperar para a memoria de todos a nosa historia.
A orixe da Pontenova ten unha historia que á maioría de nós parécenos imposible dado o esquecemento intencionado no que foi sumida. Paréceme polo tanto de xustiza recuperar a memoria para ver o presente e o futuro cunha perspectiva transparente, ética e moralmente axeitada.
Cando coñecín a Manuel Sarille persoalmente, tratando de tirar luz sobor da figura de "Pepe do Cerdeiral" sobre a familia dos de Aragón do Cerdeiral, impactoume a súa forma de afrontar a memoria despois do seu sufrimento persoal. Colaborar con él na medida do que eu podía naquel intre era unha grande honra; hoxe dende outra perspectiva como Concelleiro con responsabilidades de goberno na Pontenova, pareceme que ademais de unha honra é unha obriga.
Estes días poiden darlle unha boa nova que abre unha nova etapa na súa investigación sobor deste pontenovés esquecido. Os herdeiros da familia de Aragón do Cerdeiral, non somentes teñen un apego especial á súa lugar de orixen senón que acolleron con nada disimulada ledicia o feito de que Manuel Sarille estea investigando a súa familia e de que alguén do Concello teña tamén interés. Ofrecennos toda a colaboración e tanto Manuel Sarille coma eu mesmo imos poñer todo o noso empeño en buscarlle un sitio privilexiado na historia da Pontenova a "Pepe do Cerdeiral" e os seus, tal e como coidamos que merece.

Ainda que esperemos un ano máis imos poñer todo o empeño.

Comentarios


Pepe do Cerdeiral, compai de meu abó, sempre estuvo presente nas conversaciois de meu pai. Xa fai máis de trinta anos estuven a facer pesquisas sobor del, e a verdade todo eran evasivas, pois ainda había "moita xente viva". Espero e desexo que algun día se conte toda-la verdade e como mínimo lhe fagan un acto de reconhecemento e desagravio.
José Manuel dixo…
Teño interés en localizar tódalas testemuñas posibles sobre Pepe do Cerdeiral: fotos, cartas, calquera dato que poda botar luz sobre este home que a pesares da súa importancia política segue a ser un descoñecido para a maioría dos seus veciños. Graciñas

Publicacións populares deste blog

Como funciona a Galicia que FUNCIONA ¿..?

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

MAÑÁ TOCA VOTAR CON ...XEITO