A Ruta da Fraga das Reigadas será mellorada
A Ruta de sendeirismo máis importante do Concello da Pontenova vai ser mellorada e sinalizada debidamente.
Dentro do Proxecto Rede Natura 2000 vanse realizar unha serie de melloras para retomar o trazado orixinal que segue os cauces fluviais e así evitar que vaia por pistas asfaltadas que nada aportan a unha ruta tan espectacular como desaproveitada.
Coa instalación de paneis informativos e nova sinalización vertical iniciarase unha actuación que continuará ca promoción da ruta por distintas canles.
O pasado venres 21 de setembro o Concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Ramón Barrera, e o de Cultura José Manuel Álvarez Veiga acompañados por un técnico percorreron a Ruta dende Barreiros ata a Ermida de Vilaboa co fin de tomar referencias con GPS e recoller información sobor da flora e fauna existente.
O obxectivo final desta camiñata de traballo é facer o primeiro mapa do roteiro con datos sobor de distancias, altitudes, lugares, flora e fauna que os camiñantes poden atopar e que se vai incluir na promoción.
Non podemos deixar de convidarvos a todos a facer esta camiñata, ós da Pontenova e ós visitantes; o esforzo merece moito a pena.
Comentarios
Ya dimos parte y aviso al ayuntamiento correspondiente para que tomen las medidas pertinentes. un saludo.