Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2014

Vilaboa 1263

Imaxe
O 29 de novembro do 2014 fai 751 anos  que o  Bispo de Mondoñedo fíxose cas parroquias (ou parte delas) de Vilarmide, Vilaboa, Vilameá e Vilaoudriz trocándollas ao Abade e Convento de Meira por outras da Terra Chá. As Terras de Miranda pasaron pois a depender de Mondoñedo no ano 1263. Agora parece que o Bispado non sabe o que facer cas parroquias. Dosifica o culto e condicionao a que non haxa pancartas nin protestas contra o cura. Dende o 29 de agosto, día en que todo "estoupou" en Conforto, o Bispado non se moveu un milímetro na súa postura. A estas alturas non parece excesivo dicir que o inmovilismo desta estructura eclesial caduca e "despistada" da realidade, é a maior axuda á "desafección" polo culto católico que eu coñezo.  Non estaba equivocado o noso alcalde cando dicía que "están botando á xente das igrexas". O que os veciños queren é botar aos curas e que lles manden outros que agarren as mesmas pancartas dos v

"se suspenderán los actos de culto, excepto la celebración de exequias"

Imaxe
                Ano 56 do século XX (1956)  a miseria campaba polas cavadas da restreba, polos camiños chagorcentos e nos afumados alzadeiros e lacenas valeiras. Se cadra foi bo ano e a fame aliviouse pola colleita de catro grans de trigo  que branqueron de fariña a artesa valorenta de abandono. Catro fogazas de pan, unhas cuncas de papas, faragullos e touciño, milagres de mulleres nunca recoñecidos. Elas administraron o pouco para "tirar a fame, pra poder comer". Aquelas viaxes ao orro ca chave de 1/4 kg no peto do mantelo; á volta xa había que comer, eran o misterio que gardaban as mulleres da posguerra para sacar adiante a familia. Ese misterio non precisaba de avemarías nin infindas letanías dolorosas, nin gozosas; só da testa erguida de nais-mulleres-avoas que multiplicaban a nada para que nos pratos esconchados ou nas cuncas de barro a auga soupese a algo máis que auga, e fose algo máis que un engado para a fame. Velaí que un estrano sentimento mestura de de

El entorno METROPOLITANO nº 4

Imaxe
Xa está na Pontenova o novo número con novas e opinións.