María Luz Loureiro García, Premio Galicia de Investigación 2006, primeira muller que lé o pregòn na Pontenova
Unha profesora da Universidade de Santiago será a primeira muller que lé o pregón das Feiras de Outubro da Pontenova.
María Luz Loureiro García que naceu no Lugar de Vilarmide do Concello da Pontenova, é licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago (1995), ten un Máster en economía agraria e medioambiental e obtivo o Doutorado na Universidade de Washington no ano 2000 coa tese “Collective reputatión & labeling”.
Foi profesora na Universidade de Colorado entre os anos 2000 e 2003, realizou ademais unha estadía como profesora visitante na Universidade Carlos III de Madrid e posteriormente foi nomeada investigadora titular no Instituto Noruego de Investigacións Agrarias, en Oslo. No ano 2004 retornou a Galicia cun contrato de investigación Ramón y Cajal e na Actualidade traballa no Instituto Universitario de Desenvolvemento Económico de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela.
Ten publicado numerosos artigos sobre os recursos agrarios, abordando temas como o sector gandeiro, as enerxías renovable, o agroturismo ou as consecuencias económicas das perdas ambientais causadas polos verquidos do Prestige. A Problemática dos recursos en Galicia causados por catástrofes mariñas e por incendios centra actualmente o seu traballo, sendo investigadora principal de tres proxectos relacionados coa materia.
En Xuño deste ano recibiu de mans da Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Elena Sánchez Piñón, o Premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social 2006 na categoría de investigadores mozos.
É polo tanto un dobre motivo de ledicia que sexa unha pontenovesa e que sexa unha brillante investigadora a que abra estes días de festa e ledicia na Pontenova.
Comentarios
ando informando aos empresarios e emprendedores galegos da oportunidade que teñen de financiar a compra de equipamento informático sen ningún interese en Renovación Tecnológica.
os responsables do portal, dependente de Caixanova, encárganse de todo o proceso. o interesado di o que lle fai falta: ordenadores, software, dominio de internet, cursos de novas tecnoloxías...; eles recollen ofertas de varios proveedores, presentan as cinco mellores e financian a operación sen intereses. chámanlle "a solución redonda", ;).
unha boa oportunidade para introducirse ou mellorar a capacitación tecnolóxica do tecido empresarial galego. noraboa polo blog.