Gándara. Alguén haberá que sepa algo deste farmacéutico
Gándara. Somentes sei que no ano 1936 era farmacéutico. O resto é unha incógnita absoluta para min. Tamén necesita luz na historia.
Neste blog publícanse informacións e opinións sobre A Pontenova. Malia que non o vexas así, dende detrais dos meus cristais, eu teño esta perspectiva do que pasa na Pontenova e no seu "entorno". Con información e reflexión trato de conformar unha opinión propia de forma autónoma. Pouco me importa se a miña opinión e a miña visión das cousas é maioritaria, minoritaria ou se son eu o único que pensa ou ve as cousas así. O de que vaia acertado ou equivocado é unha cuestion de tempo. Dígocho eu...
Comentarios
Hai una páxina chamada Nomes e Voces http://www.nomesevoces.net/ que tenta recoller os nomes dos represaliados da Guerra Civil. Por exemplo, estes son os datos de Gándaras:
Ángel Pérez Gándaras
Execución
Home de 33 anos, Farmacéutico/a
Natural de Baralla (Lugo)
Veciñanza: Vilameá, A Pontenova
Morto o 13 de febreiro de 1937
Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Lugo.
Aquí veñen os veciños e naturais da Pontenova:
http://vitimas.nomesevoces.net/gl/buscar/?vecinanza=26
http://vitimas.nomesevoces.net/gl/buscar/?natural=26
Saúdos e parabéns polo blog
Eloi Treitas Foxaca
Riotorto
Non sabemos moito do aspecto persoal e humano de persoas que coma Gándara, Torviso, Suso de Miguel e outros que estaban sendo precursores e promotores dun modelo de sanidade universal que provocou nas forzas fascistas locais un temor visceral á perda dos seus privilexios e rematou por represaliar e asasinar a todos eles.
Pero así como o asasinato parecía ser o máis grave que lles podían facer, hoxe ca perspectiva do tempo, paréceme que é aínda máis grave ese intento de borralos da memoria colectiva.
Os que agora andamos preto dos 50 anos, preto de 75 anos despois destes asasinatos, despois de máis de 30 anos de democracia, seguimos sin saber o porqué desta infamia e o porqué deste silencio.
Persoalmente interésanme máis testemuñas coma a que me contas de túa avoa que os datos que me aporta Nomesevoces, anque tamén son necesarios para recuperar para a memoria colectiva.
Graciñas Eloi, espero que este blog che poida aportar algo.