Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

CATASTRAZO

Imaxe
O Real Decreto-Lei 3/2016, de 2 de decembro, “polo que se adoptan medidas en el ámbito tributario dirigidos a la consolidación de las finanzas públicas y otras medidas urgentes en materia social” inclúe A Pontenova entre os concellos que se ven obrigados a actualizar os seus valores catastrales cun incremento dun 8% dos valores actuais. Como é evidente esto non atende a criterios técnicos obxectivosque teñan que ver cos valores reais dos bens inmobles situados no termo municipal da Pontenova. Neste caso como no resto dos concellos afectados, o único criterio para ésta e para o resto das medidas que se recollen no citado Real Decreto-Lei, é o compromiso adquirido polo goberno español ca Comisión Europea e a Merkel, de recortar o déficit público nuns cantos miles de millóns de euros. De calquera xeito estas políticas do Partido Popular tiñan o terreo preparado por algo que, se cadra, nos pasou desapercibido no seu día. A reforma do artigo 135 da Constitución Española promovida polo gobern…