Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2013

"A Chocolateira", sen ferruxes.

Imaxe
Dicía José Saramago que “somos a memoria que temos e a responsabilidade que asumimos. Sen memoria non existimos e sen responsabilidade se cadra non mereciamos existir” . Vendo o documental “A Chocolateira” podemos darnos conta de ata onde asumimos a nosa responsabilidade de que a memoria común non sexa manipulada, terxiversada ou contaminada. Non entro no da intención porque é algo totalmente subxectivo do autor e pretendo ser obxectivo na exposición de feitos para poder exercer unha crítica construtiva. Recoñezo o mérito, a calidade e tamén a necesidade dun documental coma este. Vai ser unha óptima canle de transmisión da memoria, e polo tanto á par que me apetece aplaudilo tampouco podo obviar aquelo que o mingua e que seguramente o autor descoñecía previamente. En fin, ferruxes e excrecencias perfectamente evitables que maculan sen necesidade. Houbo unha frase “santo e sinal” dos veciños da Pontenova no inicio da década dos oitenta que encheu as paredes e as pancartas se

Feiras e Festas A Pontenova 2013

Imaxe
No 1984 un debuxo de Mínel ilustraba a portada de O Gouño. A curta vida daquel periódico non impide que hoxe 30 anos despois o debate sobre as Feiras de outubre conte ca testemuña dun antecedente onde a situación era similar por non dicir idéntica. Se cadra a diferencia era que daquela as Feiras eran As Feiras de Outubre e dende entón a alguén se lle ocurriu que eran As San Lucas, non cabe dúbida de que influído polas de Mondoñedo. Seguramente se rebuscamos na historia, as feiras da Augaxosa, as da Pontenova e as de Mondoñedo tiñan moita relación, anque non tanta como para chamarse igual. É posible que se me escape o antecedente do nome pero, en fin, pouco importa como se chamen se finalmente non as hai. No 84 houbo Feiras de Outubro.