O PRESIDENTE DA DEPUTACION NA PONTENOVA
Este é o texto íntegro da nota de prensa remitida ós medios de comunicación polo PSOE da Pontenova:
COMUNICADO DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE NO CONCELLO DA PONTENOVA
luns, 3 de setembro de 2007
O Presidente da Deputación Provincial de Lugo José Ramón Gómez Besteiro e a Vicepresidenta Lara Méndez visitaron A Pontenova o pasado fin de semana.
Esta visita é a primeira toma de contacto do novo Presidente da Deputación cos novos responsables municipais para interesarse polos proxectos que pretende sacar adiante o grupo Socialista encabezado polo Alcalde Darío Campos.
Despois de ter unha longa entrevista co Alcalde no Concello onde puxeron en común as súas ideas con respecto ós novos proxectos da Deputación, especialmente no que se refire ó noso Concello; o Presidente da Deputación visitou a Praza dos Fornos e o río Eo e o seu entorno acompañados polo Primeiro Tenente de Alcalde José Manuel Álvarez Veiga e o Concelleiro de Obras e Urbanismo Francisco Martínez Bermúdez.
O Presidente manifestoulle ó Alcalde Darío Campos e os seus concelleiros o seu compromiso co Concello da Pontenova e o seu interese polos proxectos de desenvolvemento que o Grupo gobernante do PSdeG-PSOE levaba no seu programa e que dende a Deputación Provincial quer axudar a concretar nesta lexislatura.
Esta visita do Presidente é unha primeira toma de contacto previa a unha entrevista oficial que manterán na Deputación José Ramón Gómez Besteiro e Darío Campos Conde nos vindeiros días para avanzar nos compromisos da Deputación ca Pontenova e concretar proxectos e prazos.

Comentarios