Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2007

A Ruta da Fraga das Reigadas será mellorada

Imaxe
A Ruta de sendeirismo máis importante do Concello da Pontenova vai ser mellorada e sinalizada debidamente. Dentro do Proxecto Rede Natura 2000 vanse realizar unha serie de melloras para retomar o trazado orixinal que segue os cauces fluviais e así evitar que vaia por pistas asfaltadas que nada aportan a unha ruta tan espectacular como desaproveitada. Coa instalación de paneis informativos e nova sinalización vertical iniciarase unha actuación que continuará ca promoción da ruta por distintas canles. O pasado venres 21 de setembro o Concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Ramón Barrera, e o de Cultura José Manuel Álvarez Veiga acompañados por un técnico percorreron a Ruta dende Barreiros ata a Ermida de Vilaboa co fin de tomar referencias con GPS e recoller información sobor da flora e fauna existente. O obxectivo final desta camiñata de traballo é facer o primeiro mapa do roteiro con datos sobor de distancias, altitudes, lugares, flora e fauna que os camiñantes poden

O PP da Pontenova equivócase en 53.000 euros (uns 9.000.000 de pts) ¿Pedirá perdón?

Imaxe
O alcalde de A Pontenova, Darío Campos, respondeu onte ás críticas da oposición municipal con respecto á posible perda dunha subvención da UE destinada á Escola de Música, que Jorge García cifrou en 200 000 €. Campos afirmou que o portavoz do PP "segue tratando de confundir á xente con mentiras e falsedades", e explicou que "se o proxecto non saiu adiante de momento foi precisamente por culpa do anterior goberno, do que formaba parte o señor García; convocou dous concursos que houbo que declarar desertos, xa que ningún constructor se quixo facer cargo da obra pola escasa dotación económica reservada para facela". Aclarou, ademais, que a subvención é, en realidade, de 147 000 €. Campos engadiu que "os datos están a disposición de tódolos veciños no Concello", e sostivo que "esta é unha hipoteca máis do goberno do Partido Popular, unha de tantas; é ridículo que nos acusen de xestión defectuosa, porque a nosa xestión neste asunto, en todo caso, comeza ag

ter unha liorta xudicial cos veciños de Goios foi o único mérito que ate o de agora conseguiu a xestión que fixo o PP no Polígono da Pontenova.

Imaxe
Texto íntegro da nota de prensa que o PSdeG-PSOE da Pontenova remitiu ós medios de comunicación e que aínda non tivo eco. NOTA DE PRENSA DO PSdeG-PSOE DA PONTENOVA SOBOR DA SITUACIÓN DO POLÍGONO INDUSTRIAL. 03/09/2007 Descoñecemos os motivos dista teima do voceiro do PP na Pontenova por darlle voltas ó pasado pero, anque nós sempre dixemos que iamos mirar adiante, non nos queda máis remedio que dedicar parte do noso tempo en contestar ás medias verdades das que tanto gusta o PP da Pontenova, ademais de arranxar as numerosas desfeitas de todo tipo que herdamos. Lendo as declaracións do voceiro popular chegamos á conclusión de que segue sen enterarse do que pasa co Polígono Industrial. Esta mesma situación dábase cando gobernaban no Concello, onde dende a comodidade da ignorancia apoiaron verdadeiros despropósitos sen mover un dedo para non incomodar ó “xefe”. Coido que é hora de que os veciños saiban o que se fixo, se está a facer e para que se fai co polígono industrial da Pontenova; é

O PRESIDENTE DA DEPUTACION NA PONTENOVA

Imaxe
Este é o texto íntegro da nota de prensa remitida ós medios de comunicación polo PSOE da Pontenova: COMUNICADO DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE NO CONCELLO DA PONTENOVA luns, 3 de setembro de 2007 O Presidente da Deputación Provincial de Lugo José Ramón Gómez Besteiro e a Vicepresidenta Lara Méndez visitaron A Pontenova o pasado fin de semana. Esta visita é a primeira toma de contacto do novo Presidente da Deputación cos novos responsables municipais para interesarse polos proxectos que pretende sacar adiante o grupo Socialista encabezado polo Alcalde Darío Campos. Despois de ter unha longa entrevista co Alcalde no Concello onde puxeron en común as súas ideas con respecto ós novos proxectos da Deputación, especialmente no que se refire ó noso Concello; o Presidente da Deputación visitou a Praza dos Fornos e o río Eo e o seu entorno acompañados polo Primeiro Tenente de Alcalde José Manuel Álvarez Veiga e o Concelleiro de Obras e Urbanismo Francisco Martínez Bermúdez. O Presidente manife