O PP da Pontenova equivócase en 53.000 euros (uns 9.000.000 de pts) ¿Pedirá perdón?


O alcalde de A Pontenova, Darío Campos, respondeu onte ás críticas da oposición municipal con respecto á posible perda dunha subvención da UE destinada á Escola de Música, que Jorge García cifrou en 200 000 €. Campos afirmou que o portavoz do PP "segue tratando de confundir á xente con mentiras e falsedades", e explicou que "se o proxecto non saiu adiante de momento foi precisamente por culpa do anterior goberno, do que formaba parte o señor García; convocou dous concursos que houbo que declarar desertos, xa que ningún constructor se quixo facer cargo da obra pola escasa dotación económica reservada para facela". Aclarou, ademais, que a subvención é, en realidade, de 147 000 €.

Campos engadiu que "os datos están a disposición de tódolos veciños no Concello", e sostivo que "esta é unha hipoteca máis do goberno do Partido Popular, unha de tantas; é ridículo que nos acusen de xestión defectuosa, porque a nosa xestión neste asunto, en todo caso, comeza agora".

Comentarios

Celtia dixo…
Atopei o hoxe o teu blog. Gustoume ler de Pepe do Cerdeiral, de Torviso, de Gándaras... e de axudar a recuperar a memoria histórica na Pontenova. Xa sei que o primeiro debera ser lembrarse da familia, e a miña tamén era do bando dos perdidos. Pero no momento o que se me acordaron foron os paseos polo río con Eliseo de Gabriel que me dicía que as mulleres novas tiñamos moito que aportar na ORGA e que Barcelona érache "outra cousa". Eliseo dicíame que aquí se respiraba liberdade e aínda hoxe o imaxino con fíos e telas, camiñando polas Ramblas, cando volto á casa.
Faime moi feliz poder ler as respostas de Darío no Concello aos surrealismos do PP. E faime moi feliz saber que non sempre todo está perdido.
Muito ánimo.

E gracias por linkarme xunto a Perfecto Conde, vaia honra!
José Manuel dixo…
Por suposto, espero que Perfecto se sinta moi honrado....
A min o que verdadeiramente me agrada é ver que a rede serve para que os que estades lonxe da Pontenova manteñais ese fio que vos une a nós e o ollo sempre posto no que aquí acontece.
Gobernar non é fácil pero pódoche asegurar que o máis difícil e facer a diario un verdadeiro exercicio de contención para non respostar os desvaríos surrealistas do PP.
Cústame moito traballo saber onde estaban antes ou que perspectiva tiñan das cousas. Cecais realmente o que pasaba é que non se enteraban de nada...

Publicacións populares deste blog

VOTAR COMO ANIMAIS

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

O que a "verdade" esconde