No camiño do CONFORTO

De sempre, nas igrexas represéntanse autos sacramentais ou dramas sacro-líricos. Venme á memoria o ben coñecido do misterio de Elche onde un rapaz que fai de anxo baixa metido nunha bola que se abre e queda colgado mentras “canta”. Neste caso non se trata nin de “bolas” nin de colgar ou descolgar a ninguén, pero como os "actores" “cantaron desafinando” en vez de aplausos houbo asubios.

 En Conforto asistimos o venres pasado a un drama relixioso para os moi crentes que agora teñen unha Santa se cadra máis morena, ata parece que puxo rimmel. Non hai dúbida que as “vacacións en Pontevedra” devolvérona moi cambiada. Posiblemente sexa a roupa, non é o mesmo o vestir de festa que vestir “casual”, seguro que por eso parece máis baixa. Xa se sabe, hai roupa que “pide zapato baixo”. En fin, unha auténtica comedia do absurdo. 

En calqueira caso parece que 528 “expectadores” xa asinaron para demostrar que aquelo tamén poido ser un ensaio de Fuenteovejuna, todos a unha. Firmando ou o que faga falta, que esto non é unha comedia. O de “non hai dúbida ningunha, o que hai é unha mala fe impresionante” non ven do lado dos veciños aínda que o Sr. Rúa bote leña ao lume coas denuncias. Aló cadacal retorcendo, a realidade non vai dar máis de si que o que é.


Eu estou convencido de que tanta desmesura e tanta ira non poden ser cristiáns. Hai quen me di que as denuncias son o resultado da mala dixestión polo que tiveron que tragar en Conforto. Seguramente van ser gases, pero non pola mala dixestión senón pola mala conciencia.  



 O párroco confesou na prensa “Quizais me equivoquei e pido disculpas, cando mirei de reparala foi ca mellor intención”. Esto sóame…. 

Xa me lembro. O Borbón  Xan Carlos tamén o dixo pero abdicou. Que bo exemplo deu a monarquía. Seguramente non sería mala idea o da “abdicación” dos párrocos. Que bo camiño ao CONFORTO de todos e canto traballo aforrarían.

  
Nunca houbo no Oito de Conforto “bombas de palenque” coma estas. O "chupinazo" do San Fermín non tivo tanta sona nas televisións do país. 



Os romeiros xa preparan a viaxe. Aínda non sabemos si a Santa é ou non é pero, como dí na porta da igrexa,  "domus mea domus orationis vocabitur" (coido que di "a miña casa será chamada casa de oración"). 

Sería bo que todos os que pasen da porta da igrexa non esquezan eso. Hai fora, no adro, espazo de sobra para a reivindicación e a protesta. O respecto aos símbolos dos crentes non vai dar ou quitar a razón pero non hai dúbida que dá a forza moral do que está ben.



 Anúncianse novena e festa movida pero no camiño a Conforto houbo espranza para moita xente. Crentes, ateos ou "mediopensionistas", todos con dereito a atopar o noso Conforto.







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Como funciona a Galicia que FUNCIONA ¿..?

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

MAÑÁ TOCA VOTAR CON ...XEITO