CONFORTO "entre líñas"
Nin siquiera fixeron falta presentacións. A Santa, un pouco desubicada, polo "novo tamaño post-lifting" non se adapta ao espazo físico que sempre veu ocupando. Dende a súa santidade, divinidade ou como sexa, será difícil que entenda tanto rebumbio. En só quince días dous "strep teese". Por sorte para algúns a Santa non di nada pero a súa cara cambiou de expresión e fala por ela. Agora aparece cun xesto de severo enfado, cas cellas máis espesas, ata parece que ten os ollos máis escuros. Se cadra son cousas miñas.
Nin siquiera se presentaron nin saudaron, e non me refiro aos veciños que estaban no adro da igrexa que foron tan invisibles para a comitiva técnico eclesial como o son para o Bispo. Refírome a que se dirixiron a toda presa cara a Santa e "peritárona". Deus..., que mal soa, ata "parece pecado".
Peor soa que os técnicos "independentes" se personen da man de cargos eclesiásticos e dun dos curas implicados. Os que somos "ben pensados" rematamos por preguntarnos: Os técnicos da Xunta son independentes ou de parte?.
A non presenza dos veciños, ou mellor dicir a "ignorada presenza dos veciños", a ausencia dun representante do Concello da Pontenova ou da Asociación de Veciños, ademáis dunha falla de "respecto institucional", supón tamén ignorar 1.166 sinaturas e ás persoas que representan. Esta actitude de soberbia nunca debería adornar os actos da curía por moi "da man de Deus" que vaia.
Afortunadamente aos crentes, feligreses e veciños quédalles precisamente eso, "a man de Deus" que esperan sexa xusta. Da xustiza dos homes pouco podemos esperar. Constato.
Toda esta indixesta polémica ca Igrexa vaise saldar despois da dura e laboriosa dixestión, con perdón, cun "peido". Xa hai días que eu avisei de que podían ser gases e, seguindo pola vía escatolóxica, xa se sabe o que ven despois.
Pero no medio desta "pestilencia escatolóxica", tamén pode haber algo positivo. Ao ver as declaracións da Xunta de Galicia despois da peritación, convén ler "entre liñas". Se as declaracións que reproduce a prensa son certas, do que non teño por que dubidar, non teñen desperdicio.
Dicen con claridade que "la forma de proceder para llevar a cabo la rehabilitación no respondió a la manera habitual, fue un caso excepcional. Los párrocos son muy responsables con estas prácticas" (sic). Desta afirmación, entre liñas, tamén se desprende que:
1º O que o Sr. Rúa, co "amén" do párroco de Conforto, calificou de "intervención básica" ou "reparación", convirtese en boca do responsable da Xunta en REHABILITACIÓN.
2º Xa que logo se entende que son "responsables" os párrocos que fan as cousas "á maneira habitual", os dous curas que non as fixeron así, veñen de ser cualificados como IRRESPONSABLES.
Ahí se cadra pode empezar o entendemento cos veciños de Conforto. Lástima que haxa que ler "entre liñas" e ca liña de 400.000 voltios enriba das nosas cabezas.
"Estes tempos son recios pero cada xeneración ten o seu, cando Xesús tamén as cousas iban mal". "En medio deste despelote e diante dun outono que se empeñan en chamar quente pero que preferiría definir como sofocante, volvamos ao estribillo: non baixemos a garda, que eles non o farán". Estas palabras non son miñas, son de Maruja Torres que aínda que non escribía de Conforto, ben poidera.
Quitoumo da boca.
Comentarios