Os 1.166 de CONFORTO

Se a Igrexa fose unha institución democrática está claro que nesta especie de "primarias" de Conforto, ganou o rexeite dos cidadáns aos dous curas.


Despois do noxo soportado escoitando o tono "perdoavidas"  do Señor Rúa nunhas tan extensas  como inusuais declaracións en Radio Burela. Digo extensas porque máis de 40 minutos falando nunha radio "pública" xa son difíciles de atopar, pero máis difícil é atopar unha "noticia" da que "o periodista" só  da unha versión e parece estar "partíndose de risa". Claro que partimos de dúas premisas que se cadra non son certas:  que é unha rádio pública e que quen a conduce é un periodísta. Aparentemente non son certas ningunha das dúas premisas. Xa se sabe, entre "compadres" vale todo.

Como dicía, despois do noxo e contendo aínda as arcadas de lembrar as "risiñas" do "presunto periodista" que "entrevistou" ao Sr. Rúa, a boa nova é que 1.166 asinantes das "queixas" ao Bispo de Mondoñedo-Ferrol son preto do 50% do censo de A Pontenova (a día de hoxe seguramente non chega aos 2.600 habitantes).

En termos electorales sería unha "maioría absoluta". Nas vindeiras eleccións municipais se algún partido saca 1.166 votos, sen dúbida vai ter maioría absoluta. Que tomen nota, non só o Bispo de Mondoñedo-Ferrol senón tamén os partidos políticos.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Como funciona a Galicia que FUNCIONA ¿..?

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

MAÑÁ TOCA VOTAR CON ...XEITO