Hai máis nacidos na Pontenova (Vilameá ou Vilaoudriz entón) ou residentes naquelas datas que irei incorporando a medida que teña datos. Foron 75 longos anos sin xustiza aos que hai que engadir aora a inxustiza de linchar a Garzón, a ùltima víctima do franquismo. http://www.publico.es/especial/memoria-publica/ficha/168711/angel-perez-gandaras http://www.publico.es/especial/memoria-publica/ficha/168709/jose-maria-torviso-bermudez Nas polavilas de Neipín, Cerdeiral, Sanxés, Vilarxuane, Soutodemogos, Bogo,... comentábase en voz baixa como as vacas da familia dos "fugados" eran requisadas polos falanxistas que ostentaban no máis amplo sentido da palabra o poder. Aquelas viuvas de vivos, de escondidos, de fugados, desertores,... quedaban sin o sustento dos seus fillos porque o seu home era un perseguido. As noites pasaban ao redor do lume cos veciños, as nais, os fillos e familiares, as veces tamén os fugados que tiñan o seu zulo na propia casa cos ouvidos postos para que diant