56 TABERNAS

Aquelas 55 tabernas (hoxe xa levamos contadas 56 e seguiremos contando) aparecen na memoria como pequeniñas descargas eléctricas das que non sabemos a súa orixe. Seguramente os neurólogos tampouco nos poderán explicar de xeito que entendamos, moitas das preguntas que nos facemos sobre a memoria dende un punto de vista médico ou fisiolóxico. Exercitar a nosa memoria é, ademais de necesario e saudable, tamén unha obriga. Seguramente vai ser a memoria o mellor legado que lles deixemos aos nosos fillos, sobre todo vendo o que estamos a facer con este mundo. Non falo só do destrozo ecolóxico nin dos problemas económicos que nos apretan a cada un e que tamén teñen alcance global. Falo do ruinoso que é para unha sociedade non ter memoria, non recoñecerse nesa memoria ou renegar dela.

Se cadra aquelas "55 tabernas" foi unha pequeniña aportación que para min foi moi saudable

As tabernas da Pontenova que foron esmorecendo no tempo á par dos pobos que lles daban cor e vida, reviviron cas mellores galas da man das fotos de Vicente Ansola e do corto de Pepe Jordana e os grandes actores de "Adivina quien viene a comer mañana".

Foi unha ledicia ver como a Taberna do Pérez de Bogo se dispuxo a romper fronteiras con enormes actores e con veciños reais da man do cine.

Nunca un corto se me fixo tan corto. Graciñas.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Como funciona a Galicia que FUNCIONA ¿..?

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

MAÑÁ TOCA VOTAR CON ...XEITO