Garzón e os cidadáns da Pontenova

Hai máis nacidos na Pontenova (Vilameá ou Vilaoudriz entón) ou residentes naquelas datas que irei incorporando a medida que teña datos. Foron 75 longos anos sin xustiza aos que hai que engadir aora a inxustiza de linchar a Garzón, a ùltima víctima do franquismo.




Nas polavilas de Neipín, Cerdeiral, Sanxés, Vilarxuane, Soutodemogos, Bogo,... comentábase en voz baixa como as vacas da familia dos "fugados" eran requisadas polos falanxistas que ostentaban no máis amplo sentido da palabra o poder. Aquelas viuvas de vivos, de escondidos, de fugados, desertores,... quedaban sin o sustento dos seus fillos porque o seu home era un perseguido. As noites pasaban ao redor do lume cos veciños, as nais, os fillos e familiares, as veces tamén os fugados que tiñan o seu zulo na propia casa cos ouvidos postos para que diante do mìnimo ruido o fuxido poidera ser de novo emparedado, agochado,... Ás veces chegaban os gardas, os falanxistas valentes para amedrentar á familia e de paso roubar a chanfaina e o touciño que secaba nos cabozos e nos orros. De día subían as falanxistas da vila, mulleres que esixían entregas de todo tipo de produtos para non se sabe que fin, precisamente a aqueles que tiñan máis necesidade. Vestían de uniforme azul e quedaron impresas cal negativo fotográfico nas meniñas dos ollos daqueles nenos que pasaron miseria e necesidades mentras os negocios destas falanxistas medraban na impunidade e na inxustiza. Eso si, era xente de misa dominical e cecais diaria, seguramente necesitaban pedir perdón a Deus polo que estaban a facer, o que non foron capaces foi de pedir perdón ás vìctimas e así seguen despois de 75 anos.
Non sei si Garzón cumpriu ca lei pero tratou de elevar a xustiza a uns mínimos éticos que dificilmente seremos capaces de volver a acordar se persoeiros como os Ruiz Gallardón ou o Rexistrador da Propiedade consolidan as súas reformas que nos levarán inevitablemente a unha perda de dereitos e a botar máis oscuridade sobre os anos escuros.

Comentarios

manuel dixo…
Sou galego en Madrid. O xuicio de Garzón e unha das "las Reformas Estructurales": cada cousa no seu lugar, meior na cadea; a xuventude xa o sabe: emigración ou cadea 15M caladinho. Fixo "Zetaetape", non pudo "Zparo", non deixaron.

Un neno de aquela, que xa é morto, viu como entraban na sua casa os camisas azuis, que por certo... até que chegaron en Lugo non había ningún camisa azul no concelho. Aquel neno viu como entraron na sua casa de probes caseiros gobernados por a aboa, xa que os país xa eran mortos e os dous irmaos máis grandes estaban a luitar a forza alà polo fronte de Aragón. Viu como levaban a pouca carne do orro, algunhas farrapas, o reloxo e a pluma e a escopeta de ir cazar o pai difunto. E ainda case que foi unha sorte que fora difunto,,, xa que o morrer menos de un ano antes o crego díxolhe a filha maior: Non chores,,, total, ivancho matar de todalas maneiras... proba máis que clara que xa , o menos un ano antes, tinhan feitas as "listas".

Publicacións populares deste blog

Como funciona a Galicia que FUNCIONA ¿..?

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

MAÑÁ TOCA VOTAR CON ...XEITO