PONTE CONTRA O TRAZADO DA LIÑA BOIMENTE-PESOZ
Santa Eulalia de Oscos, A Pontenova e Fonsagrada teñen presentado un contencioso contra o trazado da liña, a asociación Camín Grande vai presentalo.
Veciños de todos os concellos polos que pasa a liña que ven afectados terreos da súa propiedade e aqueles que sin ser afectados nas súas propiedades se sintan prexudicados ou ameazados polos posibles efectos nocivos para a saúde sobre os que hai moitas opinións, ou os que vexan prexudicados os seus negocios de turismo rural, a súa afición á caza, ao sendeirismo, a pesca, etc, as súas explotacións gandeiras ou forestais, todos en xeral poden e deben presentar alegacións específicas sobre o tema particular que lles preocupa e tamén poden pedir un escrito de alegacións tipo elaborado polos asesores xurídicos e técnicos de Camín Grande.
Para obter información sobre o estudo de impacto ambiental pódese consultar o BOE do 21/12/2010 e os seus erros de bulto e as manifestas contradicións co que manifesta REE na sua web e nas publicacións que patrocina.
A hipocresía que destilan os Informes anuais de Red Eléctrica ponse de manifesto na fotografía e os "datos gordos" que se nos enseñan sin pudor.
Outra das mentiras cas que tratan de convencernos de que vai ser imposible parar esta desfeita é de que se trata dunha empresa pública. Solamente o 20% de Red Eléctrica de España é de propiedade pública, o resto cotiza en bolsa e reparten sustanciosos dividendos mentras a nosa factura eléctrica sigue subindo. Si temos en conta que o nominal das accións é de 2,00 euros e no 2010 repartiron 1,87 euros por acción, o rendemento é do 93,50 % do nominal, aproximadamento o mesmo que perderán os titulares das participacións preferentes de Caixa Galicia, CAM e outras. Non hai adxectivo calificativo capaz de graduar dun xeito proporcionado esta situación.
Comentarios
Pasan de 1,87 euros/acción a 2,21 euros por acción, o que significa unha retabilidade sobre o nominal do 110,50 %.
Non é ético nin estético que se presenten estes resultados mentras particulares e empresas pagan a enerxía eléctrica aos precios que a estamos pagando. Tampouco é de recibo que se nos diga que resulta moi caro soterrar as liñas de alta tensión.
Pódense consultar os resultados en http://www.ree.es/sala_prensa/ext_img/Presentacion_Junta_2012.pdf