Publicacións

Gándara. Alguén haberá que sepa algo deste farmacéutico

Imaxe
Gándara. Somentes sei que no ano 1936 era farmacéutico. O resto é unha incógnita absoluta para min. Tamén necesita luz na historia.

Torviso. Para min todas son preguntas

Imaxe
José María Torviso Bermúdez era médico no ano 1936. Todo o resto da súa vida é para min unha incógnita absoluta. Alguén debería poñer luz a esta longa noite.

DE GALICIA PARA O MUNDO ESTIVO NA PONTENOVA

Imaxe
Fondón en Vilaboa, ensinaranos a zona maís brava do Rio Eo. A Férrea, outro sendeiro en fase de recuperación, demostraranos o preto da Pontenova que temos auténticos monumentos naturais. A Igrexa de Conforto, é o punto de encontro dos devotos marianos que cada 8 de setembro se dan cita en peregrinaxe a éste santuario. O sábado 24 de novembro de 2007, dentro dun programa dedicado a Reserva da Biosfera, A Pontenova aparecerá no programa "De Galicia para o Mundo".

A Seimeira. Na Pontenova un roteiro a muiños con historia

Imaxe
Vilarxubín é o final desta ruta que cando esté rematada de señalizar e limpar mellorará aínda máis a das Reigadas que pasará a ter un desvío rico en natureza e historia. Pasados os muiños da Seimeira agardábanos unha travesía difícil que fomos salvando polo medio dun chan complicado e unha vexetación de cualidades pouco comúns. Cando chegamos ós muiños da Seimeira un ten a sensación de que gardan historias descoñecidas. Algunhas serán de troula e outras de amargura pero son boas testemuñas que é preciso cuidar e conservar. O noso guía Eliseo, púxonos dificil seguir o seu ritmo a pesares de que estreabamos botas de Gore Tex. Xa me dixera Manolo da Ermida que as botas non o eran todo e non me engañou nin neso nin nas súas cualidades. A técnica de Metacortex toma boa nota dos puntos de referencia, das arbres, das prantas e os animais que atopa no camiño para facer un panel informativo para a ruta. A seimeira levaba avisándonos da súa presencia dende había un bo rato. A auga no medi...

María Luz Loureiro García, Premio Galicia de Investigación 2006, primeira muller que lé o pregòn na Pontenova

Imaxe
Unha profesora da Universidade de Santiago será a primeira muller que lé o pregón das Feiras de Outubro da Pontenova. María Luz Loureiro García que naceu no Lugar de Vilarmide do Concello da Pontenova, é licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago (1995), ten un Máster en economía agraria e medioambiental e obtivo o Doutorado na Universidade de Washington no ano 2000 coa tese “Collective reputatión & labeling”. Foi profesora na Universidade de Colorado entre os anos 2000 e 2003, realizou ademais unha estadía como profesora visitante na Universidade Carlos III de Madrid e posteriormente foi nomeada investigadora titular no Instituto Noruego de Investigacións Agrarias , en Oslo. No ano 2004 retornou a Galicia cun contrato de investigación Ramón y Cajal e na Actualidade traballa no Instituto Universitario de Desenvolvemento Económico de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicado numerosos artigos sobre os recursos agrarios, abordando tema...

A Ruta da Fraga das Reigadas será mellorada

Imaxe
A Ruta de sendeirismo máis importante do Concello da Pontenova vai ser mellorada e sinalizada debidamente. Dentro do Proxecto Rede Natura 2000 vanse realizar unha serie de melloras para retomar o trazado orixinal que segue os cauces fluviais e así evitar que vaia por pistas asfaltadas que nada aportan a unha ruta tan espectacular como desaproveitada. Coa instalación de paneis informativos e nova sinalización vertical iniciarase unha actuación que continuará ca promoción da ruta por distintas canles. O pasado venres 21 de setembro o Concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Ramón Barrera, e o de Cultura José Manuel Álvarez Veiga acompañados por un técnico percorreron a Ruta dende Barreiros ata a Ermida de Vilaboa co fin de tomar referencias con GPS e recoller información sobor da flora e fauna existente. O obxectivo final desta camiñata de traballo é facer o primeiro mapa do roteiro con datos sobor de distancias, altitudes, lugares, flora e fauna que os camiñantes poden ...

O PP da Pontenova equivócase en 53.000 euros (uns 9.000.000 de pts) ¿Pedirá perdón?

Imaxe
O alcalde de A Pontenova, Darío Campos, respondeu onte ás críticas da oposición municipal con respecto á posible perda dunha subvención da UE destinada á Escola de Música, que Jorge García cifrou en 200 000 €. Campos afirmou que o portavoz do PP "segue tratando de confundir á xente con mentiras e falsedades", e explicou que "se o proxecto non saiu adiante de momento foi precisamente por culpa do anterior goberno, do que formaba parte o señor García; convocou dous concursos que houbo que declarar desertos, xa que ningún constructor se quixo facer cargo da obra pola escasa dotación económica reservada para facela". Aclarou, ademais, que a subvención é, en realidade, de 147 000 €. Campos engadiu que "os datos están a disposición de tódolos veciños no Concello", e sostivo que "esta é unha hipoteca máis do goberno do Partido Popular, unha de tantas; é ridículo que nos acusen de xestión defectuosa, porque a nosa xestión neste asunto, en todo caso, comeza ag...