Vilaboa 1263


O 29 de novembro do 2014 fai 751 anos  que o  Bispo de Mondoñedo fíxose cas parroquias (ou parte delas) de Vilarmide, Vilaboa, Vilameá e Vilaoudriz trocándollas ao Abade e Convento de Meira por outras da Terra Chá. As Terras de Miranda pasaron pois a depender de Mondoñedo no ano 1263.


Agora parece que o Bispado non sabe o que facer cas parroquias. Dosifica o culto e condicionao a que non haxa pancartas nin protestas contra o cura. Dende o 29 de agosto, día en que todo "estoupou" en Conforto, o Bispado non se moveu un milímetro na súa postura. A estas alturas non parece excesivo dicir que o inmovilismo desta estructura eclesial caduca e "despistada" da realidade, é a maior axuda á "desafección" polo culto católico que eu coñezo. 

Non estaba equivocado o noso alcalde cando dicía que "están botando á xente das igrexas".


O que os veciños queren é botar aos curas e que lles manden outros que agarren as mesmas pancartas dos veciños, que se poñan do seu lado. Os veciños so buscan un pouco de agarimo. Bastantes broncas lles bota o Ministro Montoro cando nos dí que somos os reis da "economía sumerxida", como para que veña o cura no "día de descanso" e lles "radie" dende o altar unha "bronca dominical". Salvo que haxa pancartas no adro, entón nin misa nin bronca.

Aínda así os veciños agárran con forza a pancarta, "miman" a súa caligrafía e móvense polo que consideran xusto. Non hai frio nin choiva que poida paralos. 


O que cuida o Bispado ós membros da Igrexa tamén o demostra o cuidado que ten o seu patrimonio. Non me refiro só ás imaxes "manipuladas" senón ao patrimonio en xeral, tanto material como inmaterial.  Patrimonio que non me cabe dúbida que se amasou con sudor e bágoas de fregreses e devotos máis ou menos convencidos e de xeito máis ou menos voluntario.

Non parece que a Rectoral de Vilaboa teña 751 anos pero dende que o tellado esmagou a súa cociña, un bieiteiro tivo tempo de buscar luz por encima do tellado e medrar na inmundicia que vai enchendo o furado que ameaza con medrar este inverno.  

Nestes tres meses o Bispado tivo tempo de buscar luz para achegarse aos veciños. Mondoñedo parece lonxe, case tan lonxe como se me facía a min cando meus pais me levaban á San Lucas no coche de Eladio, perdía a conta das curvas e remataba por durmir. Cando espertaba xa estaba de novo na Pontenova e agardaba un duro camiño ata a casa, moitas das veces a pé. De nada me servía durmir.


As portas das igrexas están inzadas de pasquines episcopais que lembras aos fregreses que o Bispado non vai dar ningún paso. Por moita cor que lles poñan ás mensaxes episcopales, e refírome á dos rotuladores fosforescentes, so serven para evidenciar e remarcar a intransixencia da súa postura. Esa postura tamén é unha forma de reprimir as opinións e as actitudes dos demáis e eso coincide exactamente ca definición de intolerancia.


Xa que estivemos en Vilaboa, imos aproveitar para lembrar un pouco de historia. Así pasaron as auténticas "Terras de Miranda" ao Bispado de  Mondoñedo. Despois veu Cunqueiro e "roubounos" o nome de Terras de Miranda pero perdoamosllo polos relatos que nos deixou. 

751 anos despois parece que as parroquias seguen a ser un pedazo de terra que permutar, nada importan os que habitan nelas.

Permuta de varias iglesias entre el Obispo de Mondoñedo, D. Munio, y el Abad del Convento de Santa María de Meira, Heyméricus.- Año 1263
---------------------------------------------------------------------------------------------

29 de Noviembre de 1263.- El Obispo Don Munio, de Mondoñedo, con el consentimiento de Martín de Pedro, Deán, y del Cabildo, y el Deán y Cabildo dan en permuta al Abad y Convento de Meira la iglesia de Mileirós con la heredad laical que ellos tienen en toda la misma parroquia; la mitad de la iglesia de San Pedro de Louride, la iglesia de Guandel con toda su heredad laical que tenían en la misma parroquia y debían tener; la heredad de Ribela y la iglesia de Villar Xagaruco, la de Magide, la de Varoncelle, que está cerca de Veiga; dos casares en Valonga de Susana; dos partes de la heredad de Pedro de Rodrigo o Rodríguez de Fontán en Valonga de Susana- la cual heredad fué del mismo señor Pedro de Rodrigo y la compró el señor Arias de Pedro con su mujer Doña Elvira de Pedro al mismo señor Pedro de Rodrigo-; cuanto tenían y debían tener en Verlán- las cuales iglesias y heredades están en la tierra de luaces y en el Coto de San Ciprián- y cuanto tenían y debían tener en la villa que llaman Molina, que está cerca de Mileirós, las cuales iglesias y heredades dan y conceden con todos sus derechos y pertenencias que en ellas tenían, con todo lo demás que los dichos señor Arias de Pedro y su mujer doña Elvira de Pedro adquirieron o adquirieren, compraron o compraran, poblaron o poblaren en todos los lugares arriba dichos, y todas las heredades si las tenían o debían tener en la tierra de Luaces y en el coto de San Ciprián, excepto el coto de Santiago de Silva.

Y el Abad y Convento de Meira entregan al Obispo, Deán y Cabildo los bienes que siguen: La mitad de la iglesia de Villarmide con cuanta heredad tenía y debía tener en la misma parroquia y cuanto tenía y debía tener en el monte de San Adriano y en el Villar de la villa, a saber: la cuarta parte, otra cuarta parte de la iglesia de San Julián de Villaboa, con cuanta heredad laical tenía y debía tener en dicha parroquia; mitad de la veiga de Villameá y cuanto tenía y debía tener en la villa de Goyos y en toda la referida parroquia de San Vicente de Villameá; cuanto tenía y debía tener en la iglesia de San Juan de Rececende y en esta misma villa y en toda la parroquia, que ciertamente las iglesias y heredades están en la tierra de Miranda, y la heredad de Villaodrid.

Las cuales predichas iglesias y heredades las da y concede con todos sus derechos y pertenencias que allí tenía y debía tener y todas las otras heredades que tenía y debía tener en los lugares referidos. Y si el señor Rey, por su derecho de realengo, ocupare alguna de estas heredades o parte de ellas, aquella parte que fuera ocupada, sea sustituída para defensa y satisfacción por otra parte en concepto de sustraído y ocupado.
Para que la escritura tenga fuerza de firmeza, los mencionados Obispo Cabildo y Abad hicieron poner sus sellos.
Fueron testigos Martín de Pedro, Deán; P…, Chantre; Pedro de Miguel, Tesorero; Pelayo de Pelayo, Esteban Galvan, Juan de Pedro y Juan de Vidal Canónigos; Santiago Alfonso, Alfonso Vermúdez Gutierre Pelayo de Pelayo de Cabarcos y Juan Ebralde, milites (caballeros); Hermano Migel, Celerario de Meira, Hermano Pelayo, Hermano Miguel de Pedro y Hermano Fernando de Miguel, monjes.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

"Pepe do Cerdeiral"

Desmantelamento programado do rural

A Santa Substituta (Non hai Conforto)