Como funciona a Galicia que FUNCIONA ¿..?
No 2019 publiquei no meu blog "A Santa substituta (Non hai conforto)" . Catro anos despois, en vez de mellorar, a situación está ainda peor, porén parece que FUNCIONA. Segundo o que pasou o 18F como lles gusta chamarlle ós nosos políticos. O grave do asunto é que no ano 1985 xa escribín no "Gouño" un "trapo" (aínda non se inventaran os "chios" de X -twiter antes-) denunciando a situación sanitaria da Pontenova e, anque os motivos son distintos, a situación segue xenerando tanto malestar cidadán como fai 40 anos. O malestar cidadán hai que demostralo ao NOSO SISTEMA SANITARIO presentando reclamacións no Centro de Saúde por cada incidencia que teñamos persoalmente. Nesta semana tiven que presentar dúas reclamacións, unha pola desatención manifesta a un paciente e outra porque hoxe non estaba ningún dos médicos titulares e viña un substituto para unhas escasas 4 horas e resultaba imposible atender o que eu consideraba unha urxencia. Anque a m
Comentarios