As feiras


Sempre foron "As Feiras" da Pontenova unha cita á que non fallaban tratantes, arrieiros, oleiros, zapateiros e todo tipo de comercios ambulantes que ateigaban o entorno do Rego da Pumarega no que hoxe é a rúa da Feira e a praza do Concello.


Seguramente a moitos nos teñen contado infinidade de anécdotas dos mercados da Pontenova, de persoeiros populares que viñan cos seus produtos e despois de catar o viño do Maragato e das outras tabernas soltaban a língua e facían das feiras un acontecemento que daba que falar ata as do ano seguinte.

Claro que daquela no rural, aínda ás portas do que hoxe sería o que se entende por probeza, permitíanse certas ledicias periódicas grazas a que algúns produtos do campo e da gandeiría se levaban ao mercado para, precisamente o que dicía, poder darse algunha pequena ledicia. 


Pois todo eso rematou. Non me refiro ao da probeza do rural, senón ao de traer os produtos do campo aos mercados. Feijoo09, o "iluminado", moi ben asesorado por unha banda de "ninis" que "nin se enteran", "nin o intentan", vai poñerlle a puntilla a un medio rural xa ao límite da súa resistencia. 

Unha vez máis gañou a burocracia. Deso se trata, esta medida consistente en rexistrar e poñer etiquetas aos produtos que se cultivan nas nosas hortas, seguramente non vai garantir que non veñan contaminados, nin de que sexan producidos sin fertilizantes químicos. O que sí é seguro é que vai ter controlados aos produtores, non vaia ser que abran unha conta en Andorra co que saquen de vender duas ducias de cebolo ou catro mañuzos de berzas.

Agora que desaparece a cota láctea, seguramente queren poñer a cota de berzas. As berzas, ese lugar tan visitado polos nosos políticos, ...Cando aprenderemos a sacudilas...!.

Pero agora toca festa rachada. As Feiras xa non teñen aquela maxia de antaño pero polo menos ven o "Mago Teto" a traernos maxia da de agora.



Pois eso. A disfrutalas

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Como funciona a Galicia que FUNCIONA ¿..?

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

MAÑÁ TOCA VOTAR CON ...XEITO