Sin Conforto co ÉBOLA
"Dúas
cousas son infindas: a estupidez humana e o universo; e non estou seguro do
segundo". Cando Einstein dixo esto aínda non sabía que Mariano Rajoy iba
formar goberno en España, por chamarlle dalgún xeito ao de "formar",
pero é posible que xa pensara nel.
Hoxe
quería falar do "problema de Conforto" pero evidentemente falar de
Conforto en tanto unha veciña nosa, de Becerreá, está en perigo de morte
por ébola pode parecer unha frivolidade. A enchente de noticias sobre ébola
producíronme unha tremenda preguiza para pensar en Conforto. Sin embargo é
innegable que hai puntos que amosan certo paralelismo entre entre o que ven de
ocurrir en Conforto e do que está a ocurrir co ébola en "Españistán".
Seguramente calquera dos dous asuntos son o retrato en branco e negro desta
sociedade na que vivimos porque así a construímos.
Nin
avisar siquiera de que esto de establecer un paralelismo non é máis que unha
especie de terapia persoal que me sirve para verificar que ainda queda algo de
cordura por ahí, anque hai que andar fino para atopala e salir indemne.
O
primeiro é que a chapuza nacional no tratamento que se lle está dando ao
incipiente andazo de ébola ten un bo reflexo no tratamento que se lle deu a
toda a polémica da imaxe de Conforto.
Tratarei
de explicarme. A inicialmente suposta e hoxe xa confirmada
"rehabilitación" da imaxe da Santa de Conforto foi feita por un
licenciado en arte ao que se lle presupoñía un respecto ás normas sobre o
cuidado do patrimonio, e polo rector do Santuario, a súa vez responsable do
patrimonio parroquial. Non eran uns ignorantes inconscientes. Máis ainda, a
Antonio Rúa e a Xosé Anxo Fernández pola súa condición relixiosa, máis que a
ninguén éralles esixible seguir o protocolo e ser responsables fronte á súa
recoñecida intención de rehabilitar a talla como "ben incluído no
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia", "propiedade da
Parroquia de Santa María de Conforto"
O
ébola veu a España aloxado nuns relixiosos que despois de moitos anos dedicados
á enfermidade en África amosaron a debilidade das súas conviccións e da propia
condición humana e pediron, se é que así foi, o seu regreso á casa. Ademáis de
relixiosos eran médicos ou sanitarios afeitos a tratar co ébola e polo tanto
tampouco eran uns igorantes inconscientes. Non podo estar máis de acordo co que
xa hai uns días Manuel Vicent advertía en El
Pais: "este maldito virus ha infectado ya nuestra conciencia"
(recomendo a lectura).
De paso que a
Dirección Xeral de Patrimonio esixe que a talla de Conforto sexa devolta á
situación orixinal mediante unha "actuación de des-restauración". Os
cidadáns debemos pedir que os "nosos políticos" devolvan ao país á
situación anterior á crise do ébola e anterior á crise en xeral. Claro que
agora xa sabemos da existencia das "Black Cards", esas coñecidas
tarxetas de "ta to pagao" que usaban algúns persoeiros innombrables,
non creo que tragásemos ca desfeita das Caixas de Aforros que deixaron os
petos comúns co de dentro para fora por varias xeneracións. Se cadra toca facer
unha operación de "des-empoderar" a estos políticos tan
"dispersos", por dicir.
O mesmo "nonaé, nonaé" que espetou, e de que
maneira, Don Antonio Rúa en Radio Burela ten o seu eco nas palabras do
Conselleiro de Sanidade da Comunidade de Madrid cando gomitou o "muy
enferma no estaría cuando fue a la peluquería". O respecto hacia os demáis
ten a mesma temperatura baixo cero e a cara dura a mesma
consistencia. Convén reflexionar en mans de quen está a nosa saúde física
e a saúde espiritual dos crentes.
Esto é unha enfermidade, e non me refiro ao ébola que xa nolo lembra a cada momento, refírome a que esta actitude dos "empoderados", divinos ou terrenos, é un auténtico andazo, un virus social, un síntoma da desarticulación dunha sociedade á que extirparon a súa capacidade de reaccionar.
A incapacidade de Rajoy e a ministra de sanidade para "xestionar" o asunto do ébola sin vítimas, é unha forma temeraria de manter un orgullo cruento e mal entendido. Orgullo que sen dúbida parécese moito ao do Bispo de Mondoñedo, salvo no de cruento, afortunadamente en Conforto non hai vítimas.
Por outra banda, se cadra froito deste "virus social", os responsables deberan saber cando teñen que irse, anque soio sexa por equivocarse. Tanto a ministra Mato como os curas Antonio Rúa e Xosé Anxo Fernández facilitarían as cousas aos seus "xefes" só con dimitir, sin esperar a que os teñan que cesar.
De calquer xeito hai unha diferencia fundamental que é a democracia. Ao goberno bastaba con non votalo e "podemos" non votalo nas vindeiras eleccións. Polo que sei como, ainda formalmente católico, anque sin "comulgar" no amplo sentido da palabra, na Igrexa da que, insisto no de formalmente, formo parte, naide votou ao Bispo nin aos curas e, aínda que eso non nos vai privar de esixirlles responsabilidades, permítanme dubidar da "inspiración divina" de quen os nomeou, designou, elexiu, impuxo ou propuxo. Aos feitos me remito.
Non se sabe aínda si o da Moncloa é un virus pero sabemos que é algo contaxioso que foi pasando de presidente en presidente. O do Bispado de Mondoñedo tenme despistado. Dende aquel Gea Escolado do que dixera, o daquela parlamentario, Ismael Rego que "ata o mismísimo Deus de sentiría avergonzado", non seguín ao sucesor ou sucesores e tampouco ao actual Bispo. Co beneficio da dúbida, voulle dar tempo. Non por xenerosidade miña senón que a fe que me queda é no xénero humano e teño que aproveitala esperando un xesto do home anque non espere nada do clérigo.
Polo que respecta ao virus a nivel local, vanme
permitir...........
Comentarios