Publicacións

25 ANOS NON SON NADA

Imaxe
Pensei que estaba nunha máquina do tempo que me levara de novo ao ano 1992, pero todo me resultaba familiar e actual. Soou o teléfono e pechei o "dossier" que estaba lendo e na portada figuraba a seguinte lenda: ASAMBLEA GENERAL, 1993 ASOCIACIÓN PARA EL FOMENTO Y DESARROLLO DE A PONTENOVA 25 anos non foron suficentes para salvar certos atrancos. Se cadra imos algo lentos.  Así é como se trazaron sobre o papel as previsións para a posta en marcha do Parque Empresarial de A Pontenova. Non sei si quen escribía era o redactor do proxecto Mario Iglesias ou o eterno Xerente de Xestur Jorge Carballeira.  25 anos despois segue sen rematar O enésimo convenio asinado  segue sin cumplirse. Os empresarios seguen querendo saber o mesmo.

CATASTRAZO

Imaxe
  O Real Decreto-Lei 3/2016, de 2 de decembro, “polo que se adoptan medidas en el ámbito tributario dirigidos a la consolidación de las finanzas públicas y otras medidas urgentes en materia social” inclúe A Pontenova entre os concellos que se ven obrigados a actualizar os seus valores catastrales cun incremento dun 8% dos valores actuais.   Como é evidente esto non atende a criterios técnicos obxectivos   que teñan que ver cos valores reais dos bens inmobles situados no termo municipal da Pontenova. Neste caso como no resto dos concellos afectados, o único criterio para ésta e para o resto das medidas que se recollen no citado Real Decreto-Lei, é o compromiso adquirido polo goberno español ca Comisión Europea e a Merkel, de recortar o déficit público nuns cantos miles de millóns de euros.   De calquera xeito estas políticas do Partido Popular tiñan o terreo preparado por algo que, se cadra, nos pasou desapercibido no seu día. A reforma do artigo 135...

Os Enxebres da Pedra d'Arca

Imaxe
Na "Vendima Tarda" de Treixadura soa unha peza tradicional, "Muiñeira da volta da festa", que di: "O gaiteiro de Soutelo foi tocar a Redondela, deixou a gaita no camiño e agora chora por ela." Nos camiños da Pontenova quedaron moitos dos sons dos nosos gaiteiros. Como me dicía Cesáreo do Vilar de Conforto, "avisabamos da nosa chegada tocando polo camiño antes de chegar ás festas".  Os da Pedra da Arca fundáronse en forma de cuarteto no ano 1936. Empezaron chamándose "Os da Victoria", seguramente nunha época onde a música empezou a "estar mal vista" o nome debía ser un pouco "condescendente" cas autoridades. Pero o mellor é falar da música. Xusto co clarinete, Benedicto co Bombo, tres gaitas que pasaron por distintas mans ata rematar en Agustín nos últimos anos e unha caixa que Cesáreo, o fillo de Xusto, desexaba tocar dende neno, constituían a última formación do grupo. Música tradicional, m...

90 anos da Irmandade Labrega de Conforto

Imaxe
Corría o ano 1925 ca ditadura de Primo de Rivera xa institucionalizada grazas ó inestimable apoio do monarca borbón Alfonso XIII. Ca  "comprensión" do  rei,   o  ditador  fíxose  co  poder absoluto emulando ó que Mussolini e os fascistas  estaban  a  facer  en  Italia,  tamén  co  beneplácito,  apoio  e "comprensión" doutro monarca emparentado co borbón. En fin, cousas da historia que se cadra xa se repetiron, sin nós sabelo. Resulta curioso, por decir algo, que unha das primeiras medidas do ditador Primo de Rivera fose a prohibición da bandeira e o himno catalán e a "restrición da lingua catalana ó eido privado". No fondo parece que non pasou o tempo e a "xenética" dalgúns dos que gobernan este país segue a mandar hoxendía nas decisións políticas. Non é "raro" pois que as políticas sociais daquela seguiran o modelo fascista italiano ó igual que a política represiva. Intentou o dictador...

PORÉN (1)

Imaxe
Hai quen pensa que o asunto dos curas que enche a prensa, as redes sociais e moitas conversas dos veciños da Pontenova, está moi politizado. Algúns pensan que dende Ponte Ágora, quen asina, trata de facer "política" deste asunto. Os que así se manifestan tratan de aplicar "política" como adxectivo pexorativo, porén para a maioría, "política" é "substantivo" en moitas das acepcións da RAE . Xa non participo en política e, por si houbese algunha dúbida, non teño planes de participar a medio prazo, porén non son alleo aos problemas "políticos" do noso Concello e, a estas alturas, non teño problema ningún, só faltaría,  en escribir sobre política municipal. Na Pontenova nos últimos 60 anos pecharon máis de 300 empresas e as que pretendían ubicarse en terreos deste concello, foron instalarse a outros concellos porque non había solo disponible, porén o Parque empresarial segue sen rematarse. Tódolos partidos políticos ...