Os Enxebres da Pedra d'Arca

Na "Vendima Tarda" de Treixadura soa unha peza tradicional, "Muiñeira da volta da festa", que di:

"O gaiteiro de Soutelo
foi tocar a Redondela,
deixou a gaita no camiño
e agora chora por ela."



Nos camiños da Pontenova quedaron moitos dos sons dos nosos gaiteiros. Como me dicía Cesáreo do Vilar de Conforto, "avisabamos da nosa chegada tocando polo camiño antes de chegar ás festas". 
Os da Pedra da Arca fundáronse en forma de cuarteto no ano 1936. Empezaron chamándose "Os da Victoria", seguramente nunha época onde a música empezou a "estar mal vista" o nome debía ser un pouco "condescendente" cas autoridades. Pero o mellor é falar da música.
Xusto co clarinete, Benedicto co Bombo, tres gaitas que pasaron por distintas mans ata rematar en Agustín nos últimos anos e unha caixa que Cesáreo, o fillo de Xusto, desexaba tocar dende neno, constituían a última formación do grupo.
Música tradicional, música de festa e moitas gañas de facer disfrutar fixeron dos da Pedra da Arca un grupo moi demandado para as celebracións das nosas aldeas. Algunha das súas pezas versionáronas os membros do grupo Airiños do Eo xa nos anos 80 do século XX.

A súa estética propia facía que non foran uns músicos ao uso, con faixa e monteira tradicional. Todo esto  en nada  desmerecía a música que facían e as festas que animaban.


Mención aparte merecen os "palcos" ós que tiñan o valor de subirse.







Hai que agradecer a Cesáreo estas fotos que me deixou hai tempo. Sirva de homenaxe sentido e de recoñecemento a todos eles.

Comentarios

Unknown dixo…
Dios como me recordó deles, tocando en Conforto, Vilar, Soutodemogos, hasta creo que un día me deixaron tocar a caixa con eles

Publicacións populares deste blog

Como funciona a Galicia que FUNCIONA ¿..?

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

MAÑÁ TOCA VOTAR CON ...XEITO