CATASTRAZO

 
O Real Decreto-Lei 3/2016, de 2 de decembro, “polo que se adoptan medidas en el ámbito tributario dirigidos a la consolidación de las finanzas públicas y otras medidas urgentes en materia social” inclúe A Pontenova entre os concellos que se ven obrigados a actualizar os seus valores catastrales cun incremento dun 8% dos valores actuais.
 
Como é evidente esto non atende a criterios técnicos obxectivos  que teñan que ver cos valores reais dos bens inmobles situados no termo municipal da Pontenova. Neste caso como no resto dos concellos afectados, o único criterio para ésta e para o resto das medidas que se recollen no citado Real Decreto-Lei, é o compromiso adquirido polo goberno español ca Comisión Europea e a Merkel, de recortar o déficit público nuns cantos miles de millóns de euros.
 
De calquera xeito estas políticas do Partido Popular tiñan o terreo preparado por algo que, se cadra, nos pasou desapercibido no seu día. A reforma do artigo 135 da Constitución Española promovida polo goberno Socialistade José Luis Rodríguez Zapatero e inmediatamente secundada polo PP, ademáis de poñer en evidencia a tódolos partidos do arco parlamentario dese momento por motivos que cada un debería explicar, tivo como consecuencia entre outras moitas estas medidas.
Cada un pode analizar a reforma do artigo 135 e sacar súas propias conclusións. Non é casual que pase de ter escasamente 4 liñas a ter máis de 33.  A min resúltame rechamante facer referencia nun artigo da Constitución á “La actual situación económica y financiera ....” para xustificar a reforma dentro do propio articulado, pero doutores ten a igrexa....
 
Comparémolos e formemos un criterio propio.
ARTÍCULO 135 (HASTA 2011)
1. El Gobierno habrá de estar autorizado por Ley para emitir Deuda Pública o contraer crédito.
2. Los créditos para satisfacer el pago de intereses y capital de la Deuda Pública del Estado se entenderán siempre incluidos en el estado de gastos de los presupuestos y no podrán ser objeto de enmienda o modificación, mientras se ajusten a las condiciones de la Ley de emisión.
ARTÍCULO 135 VIGENTE (DESDE SEPTIEMBRE DE 2011)
1. Todas las Administraciones Públicas adecuarán sus actuaciones al principio de estabilidad presupuestaria.
2. El Estado y las Comunidades Autónomas no podrán incurrir en un déficit estructural que supere los márgenes establecidos, en su caso, por la Unión Europea para sus Estados Miembros.
Una Ley Orgánica fijará el déficit estructural máximo permitido al Estado y a las Comunidades Autónomas, en relación con su producto interior bruto. Las Entidades Locales deberán presentar equilibrio presupuestario.
La actual situación económica y financiera no ha hecho sino reforzar la conveniencia de llevar el principio de referencia a nuestra Constitución
3. El Estado y las Comunidades Autónomas habrán de estar autorizados por Ley para emitir deuda pública o contraer crédito.
Los créditos para satisfacer los intereses y el capital de la deuda pública de las Administraciones se entenderán siempre incluidos en el estado de gastos de sus presupuestos y su pago gozará de prioridad absoluta. Estos créditos no podrán ser objeto de enmienda o modificación, mientras se ajusten a las condiciones de la Ley de emisión.
El volumen de deuda pública del conjunto de las Administraciones Públicas en relación al producto interior bruto del Estado no podrá superar el valor de referencia establecido en el Tratado de Funcionamiento de la Unión Europea.
4. Los límites de déficit estructural y de volumen de deuda pública sólo podrán superarse en caso de catástrofes naturales, recesión económica o situaciones de emergencia extraordinaria que escapen al control del Estado y perjudiquen considerablemente la situación financiera o la sostenibilidad económica o social del Estado, apreciadas por la mayoría absoluta de los miembros del Congreso de los Diputados.
5. Una Ley Orgánica desarrollará los principios a que se refiere este artículo, así como la participación, en los procedimientos respectivos, de los órganos de coordinación institucional entre las Administraciones Públicas en materia de política fiscal y financiera. En todo caso, regulará:
a) La distribución de los límites de déficit y de deuda entre las distintas Administraciones Públicas, los supuestos excepcionales de superación de los mismos y la forma y plazo de corrección de las desviaciones que sobre uno y otro pudieran producirse.
b) La metodología y el procedimiento para el cálculo del déficit estructural.
c) La responsabilidad de cada Administración Pública en caso de incumplimiento de los objetivos de estabilidad presupuestaria.
6. Las Comunidades Autónomas, de acuerdo con sus respectivos Estatutos y dentro de los límites a que se refiere este artículo, adoptarán las disposiciones que procedan para la aplicación efectiva del principio de estabilidad en sus normas y decisiones presupuestarias.
 
Anque persoalmente paréceme que o artigo 135 da Constitución Española non se modificou senón que se substituíu por outro que nada ten que ver co inicial nin ca idea ca que naceu a Constitución, o que se trata agora é de ver as consecuencias prácticas desta reforma.
 
Os Concellos afectados pola actualización verán afectados os seus Impostos de Bens Inmobles dun  xeito bastante evidente e que sen dúbida vai dar que falar no vindeiro ano 2017.
 
En números cómo nos vai afectar?
 
2016
Coeficiente
2017
 
Incremento
IPC
Actualización (1)
 
IBI
2016  (3)
Valores catastrales
100.000,00
1,08
108.000,00
 
 
 
Tipo de IBI A Pontenova
0,50%
 
0,46%
(2)
 
 
Cuota IBI
500,00 €
 
500,00 €
 
8,00%
0,70%
Cuota IBI 2017
540,00 €
Cuota IBI 2016
500,00 €
(1)  Artículo 7 . Real Decreto-ley 3/2016, de 2 de diciembre, por el que se adoptan medidas en el ámbito tributario  dirigidas a la
  consolidación de las finanzas públicas y otras medidas urgentes en materia social.
(2) Porcentaje al que sería necesario rebajar el IBI  en A Pontenova para mantener el coste para los ciudadanos sin que bajase la
recaudación municipal.
(3) IPC interanual a noviembre de 2016
 
Pero, qué pode facer o Concello para protexer dalgún xeito os intereses dos veciños?
Dependendo a quén se pregunte, as respostas van ser moi distintas. Se pensamos obxectivamente, non vai ser moito o que poidan facer contra a “actualización” catastral imposta polo goberno. Aínda así non é admisible que os órganos de goberno do Concello da Pontenova, Alcaldía, Xunta de Goberno e/ou Pleno do Concello se queden de brazos cruzados, se cadra celebrando o incremento do 8% da súa recadación por IBI.
 
Hai dúas cousas que poden facer dende o Concello e que xa deberan estar facendo si realmente lles preocupan os problemas dos veciños.
PRIMEIRA.- Solicitar a elaboración dunha nova Ponencia de Valores para o Concello da Pontenova. A actual foi elaborada nos anos 1988 e 1989  e contén criterios e datos deses anos e polo tanto dificilmente aplicables en 2017 (preto de 30 anos despois).
Se cadra hai que explicar o que é unha ponencia de valores, para poder entender por que non é admisible aplicar hoxe unha do ano 1989.
 
A Ponencia de valores é un documento elaborado pola Dirección Xeral de Catastro que recolle os criterios, módulos de valoración e demáis elementos  precisos para determinar o valor catastral dos bens inmobles dentro dun territorio.
 Entre outros aspectos, de xeito resumido hai que ter en conta:
1º.- A localización do inmoble, as circunstancias que afectan ó solo e a súa aptitude para a producción.
 
2º.- Os custos de execución material das construccións,...., o uso, calidade e antigüidade do inmoble.
3º.- Os gastos da producción e os beneficios da actividade empresarial de promoción.
 
4º.- As circunstancias e valores do mercado.
5º.- Outros factores que se determinen regulamentariamente.
O valor catastral non pode ser alleo ó valor real dos bens catastrados, así a propia lei recolle no seu artigo 23.2 de xeito literal que  El valor catastral  de los inmuebles no podrá  superar el valor de mercado , entendido por tal el precio más probable por el cual podría venderse, entre partes independientes, un inmueble libre de cargas, a cuyo efecto se fijará , mediante orden del Ministro de Hacienda , un coeficiente de referencia de mercado para los bienes de una misma clase.”
 
 Seguramente hai que ter en conta algunhas circunstancias obxectivas recollidas oficialmente como son os criterios de poboación e outros datos estatísticos oficiais relacionados ca actividade económica local. Tampouco hai que esquecer as infraestruturas que incidiron negativamente  no desenvolvemento da Pontenova, como poden ser a distancia a autovías e a redes de gas, a inexistencia de fibra óptica, incluso a perda de valor económico do rural como consecuencia de liñas de alta tensión. Pero si hai algo fundamental no valor dos nosos inmobles é a perda de poboación que pasou duns 4000 no 1988 a uns 2400 na actualidade.
Pero tendo en conta que a administración estatal xa incumpriu a lexislación catastral mantendo a mesma ponencia por máis de 10 anos, seriamos ilusos si esperásemos que vai haber vontade política de modificar á baixa os valores “na actual situación económica e financeira”.
 
SEGUNDA.- Rebaixar o tipo impositivo do IBI  ata que compense a suba de valor catastral, co fin de quedar cando menos como estamos actualmente.
Está claro que os concellos non moven ficha porque a recadación do IBI vai directa ás súas arcas, pero debemos esixir que atendan os seus compromisos cos veciños atendendo aos problemas reais.
É exclusivamente un problema de vontade política. Concellos como o de Ribadeo xa tratan de poñer en práctica solución. Se no resto dos concellos non existe a vontade política de facer algo  temos que entender que si existe para non facer nada.
Deixando a un lado polo de agora a incoherencia que supón neste concello ser propietario dun terreo no que non lle dan licencia de edificación pero si lle cobran o IBI como solo urbano, haberá que esixir, cando menos, que os valores catastrais non supoñan un empobrecemento real dos nosos veciños, aínda que estatísticamente van ser propietarios dun patrimonio de maior valor.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

VOTAR COMO ANIMAIS

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

O que a "verdade" esconde