Que vaian ó "fisio"



Mentras o clero se entregaba á folganza e a boa vida, deixando de lado as súas obrigas cos feligreses das súas parroquias, sin celebrar misa nin catecismo, sesteando, se cadra ca coartada do "estorbo" dunha pancarta, un grupo de persoas pacíficas viñeron á porta da Igrexa a lembrarlles ós curas que a solución dos problemas non se pode someter ós tempos litúrxicos.

A maioría non sabemos si estamos en tempo de Pascua, de  Advento ou Coresma. Só sabemos que é tempo de solucións, como se di agora, "proactivas". En "cristiano", que non se trata de esperar a que escampe, hai que tomar decisións e facelas visibles. Nombrar un párroco sin nombralo, cesar outro sin cesalo é o máis parecido a non facer nada. No dos danos á talla do século XV imos esperar a que a "xustiza" diga algo e a que a lei se aplique ca mesma contundencia que se aplica ós "roubagaliñas".

Teño que recoñecer que Rajoy, nesto de quedarse quieto, no de esperar a que escampe, marca tendencias, pero non pensaba que acadaba tamén ao clero por estos lares. 


Nos últimos 50 anos, que eu lembre, os cidadáns da Pontenova manifestáronse dúas veces de xeito masivo; as dúas fixérono en defensa do seu patrimonio e tamén da súa dignidade como pobo.

No inicio dos anos 80 do século pasado, dous cidadáns, á par que concelleiros, da Pontenova trataron de "trincar" parte do patrimonio do que tiñan que cuidar como servidores públicos que eran. En boa parte conseguírono, pero entón, os seus propios compañeiros de goberno e o seu partido, situounos democráticamente fora das institucións. Conste que non era a vontade dos convictos e confesos culpábles que se agarraban ao seu cargo dun xeito tan esperpéntico que daría para un "thriller" conspiranoico ao estilo americano.

Daquela o berro, as pintadas e as pancartas, "rezaban" "NENE E BETECÁ ROUBÁRONNOS O LADO DALÁ".




Hoxe cos "rezos" suspendidos a modo de castigo, as pancartas rezan "Cura dimite". No lugar da letanía leuse un MANIFIESTO para lembrar, por si acaso, que naide se vai dar por vencido e que hai que buscar solucións en lugar de "esconderse" detrás dunha "nota episcopal" de xa hai mes e medio.

Se cadra os curas, tamén agarrados ao seu cargo, non se deron conta de que a medida que pasa o tempo sin solucións a nota quédaselles pequena para tapar as súas vergonzas. Máis aínda ponas en evidencia cada vez que o "fosforito" do rotulador remarca a episcopal prepotencia, inmovilismo e intolerancia, definindo estes conceptos, tal cual diccionario da língua.







Fixo agora 30 anos que o outro conflito do patrimonio dos veciños da Pontenova, o dos Fornos, tivo unha "solución oficial", por decir algo. Daquela foron máis de catro anos que serviron para artellar unha solución á medida dos implicados para que saíran sin perder a "honorabilidade" e co peto seguramente ben quentiño. En fin, cousas do esterqueiro político que seguen a ter o mesmo cheiro pestilente, pero a forza de facerse cotiáns deixaron de provocarnos arcadas.


Agora que a prensa acada tódolos currunchos, sin filtros e dende tódalas perspectivas posibles, esperamos que a solución a este novo conflito, que entre os seus orixes tivo os "danos irreversibles" no patrimonio cultural, teña unha solución rápida, contando dende hoxe, porque si contamos dende o 29 de agosto, xa van TRES MESES e estamos como ao principio.







Para deixar constancia de que o conflito é "social" e non relixioso, os veciños tamén trasladaron as súas peticións poñendo como escenario a Casa do Concello, como símbolo da democracia a nivel local. Precisamente esa democracia que non adorna nin de lonxe o funcionamiento da Igrexa, onde os feligreses non pintan nada.

Por si acaso non se enteraron de que xa estamos no século XXI, o propio Francisco, ven de lembrarlles que hai que moverse. Él foi rezar á Mezquita Azul de Estambul co clérigo musulmán encargado, despois de terse xuntado co Patriarca da Igrexa Ortodoxa. Anque naide nos garante que non sexa unha operación de "marketing papal", ben está predicar co exemplo.

Aquí ca desgastada "notiña" remarcada de "fosforito" que inzou as parroquias, despois de tres meses é seguro que non hai operación de márketing capaz de asear a actitude do Bispado para presentarse diante dos feligreses con outra postura.

É seguro que o Bispado "cárgase de razón como outros se cargan de espaldas, por mero hábito. Un problema postural como diría o meu fisio" (J.J. Millás -EPS).

Como tamén dicía Juan josé Millas en EPS do domingo pasado: "Cabe, como decíamos arriba, que se trate dun problema postural que un bon fisio lles arranxaría nun par de sesións".

Que veñan por aquí,  mandámolos a "Son Saúde" e nun par de sesións xa están presentables.










Comentarios

Publicacións populares deste blog

Como funciona a Galicia que FUNCIONA ¿..?

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

MAÑÁ TOCA VOTAR CON ...XEITO