Un pouco de "CONFORTO"
Anque co novo cura non vou poder presumir de imparcialidade, estou totalmente convencido de que Carlos Miranda vai decir a Misa de frente . Do que tampouco me cabe dúbida é de que que ate o de agora a xerarquía eclesiástica, moi ben secundada polos "responsables" da Xunta de Galicia, estaba practicando con todas as consecuencias a "liturxia tridentina". A liturxia e os cánones do longo Concilio de Trento (18 anos durou) caracterizaron ata agora a actitude da curía, actuando de costas aos feligreses e cunha linguaxe inintelixible para o vulgo. A liguaxe do bispado non se entende , non porque estea no latín tridentino senón porque hai que buscala no periódico, en frases inconexas, como con indirectas que obrigan a seguir lendo entre liñas. Ate o de agora o único que parece claro é que polo menos dende o Bispado xa son conscientes do "problema" e empezan a "dar pasos". O primeiro nomear a Carlos Miranda para a Parroquia de Conforto. S