"El griterío"


"Os amigos sensatos, aos que coma min asusta o griterío, soen loubarme o gusto por estar parte do ano fora, lonxe desa tendencia tan nosa de converter en exabrupto calquera debate. Por sorte e por desgraza , a lonxanía xa non é o que era. Un xa non se vai á maneira machadiana, espido de equipaxe, senón que leva ás costas todo o griterío, metido no ordenador do diaño. E que conste que me levo moi ben co aparello: permíteme trasladar a miña profesión debaixo do brazo e creoume vencellos de amizade con persoas ás que doutra maneira non coñecería. Son asíduo visitante de blogs literarios, humorísticos, políticos, e comparto bromas cun círculo de ciberamigos aos que teño nun altar.

Vivir fora permitiume comprobar que a realidade a través do ordenador chega tremendamente distorsionada, porque o que máis rápido viaxa é, sen dúbida, o griterío, tan casposo e agresivo, encontrou no ciberespacio o su elemento.

O griterío maniféstase en revistas dixitais, pero tamén en forma de libelo cibernético ou de anónimo plagado de insultos. Ás veces, os insultos rubrícanse co selo dunha formación política, o cal di moito de cómo despachan algúns as súas diferenzas ideolóxicas. Son cousas moi antigas, soio que agora viaxan moito máis rápido. Palabras como cocha, puta, fascista, progre abortista, pija socialista e que sei eu, dan idea da violencia interior que palpita nos miolos dalgunhas persoas.

A violencia verbal sempre conxela o corazón dos pacíficos, faiche presentir ata onde poderían chegar algúns seres humanos se poidesen. Por iso, fai falta volver, observar o país non dende a pantalla do ordenador, senón a pe, onde comprobas que hoxe, como nos trinta, a xente o que quere é vivir en paz".


Xa me gustaría telo escrito eu. Soio teño a sensación de que "quitáchesmo da boca" pero podería inspirar todo o artigo porque realmente é o que penso.


Quen o escribiu foi Elvira Lindo (A de Manolito Gafotas) o mércores 18 de novembro de 2009, eu limiteime a facer unha traducción á miña maneira. Espero que non lle moleste a Elvira Lindo nin a El País.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Como funciona a Galicia que FUNCIONA ¿..?

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

MAÑÁ TOCA VOTAR CON ...XEITO