O que a "verdade" esconde

Duns Orzamentos do Concello da Pontenova para 2023  que acadan un importe de 4.641.201,60 euros, o 37,28% (1.730.266,41 eur) vaise en gastos de persoal. Unha parte do total vai para "ALTOS CARGOS -RETRIBUCIÓNS BÁSICAS": 26.000,00 eur  para o alcalde (adicación indefinida - a nota é miña porque no texto dos orzamentos non aparece), 35.000,00 eur para o segundo tenente de alcalde (ADICACIÓN PARCIAL) e 15.820,00 euros para a primeira tenente de alcalde (ADICACIÓN EXCLUSIVA).

Dende o ano 2013 "Nos Axuntamentos de Concellos con poboación comprendida entre 2.001 e 3.000 habitantes, os membros que poderán prestar os seus servizos en réximen de dedicación exclusiva non excederá de dous". 

Resulta difícil de entender que no Concello da Pontenova o Alcalde teña un "salario" por unha dedicación indefinida, o segundo tenente de alcalde teña unha dedicación "parcial" por 35.000,00 euros e a primeira tenente de alcalde teña unha dedicación EXCLUSIVA de menos da metade da que ten o "asalariado" con dedicación parcial. En fin..., estes son os datos obxectivos, as conclusións tenas que sacar cadacal. 

Non se trata de como se lle chame á adicación senón da comparación dos importes e da realidade dos feitos. Pode que decidisen chamarlles así para esquivar a normativa, pode que sexa fraude de lei, ou algo peor no que non vou entrar neste momento.

É lamentable que a día de hoxe non se podan atopar na web do Concello da Pontenova os seus orzamentos para 2023. Non dubido de que exista unha motivación razoable pero se cadra debera darse cando un busca aqueles documentos que deben ser públicos.

Tras catro anos de silencio dos concelleiros da oposición, un agarda que aparezan os programas dos partidos que pretenden gobernarnos para poder comparalos e, se eles queren, debatilos públicamente. Un debate público entre todos os candidatos sería o máis sano e hixiénico para a democracia. Os mítines, como dicía un ex-concelleiro, son "misas para devotos". Ahí queda a proposta, fagan un debate público.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Como funciona a Galicia que FUNCIONA ¿..?

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

MAÑÁ TOCA VOTAR CON ...XEITO