Vilaboa 1263
O 29 de novembro do 2014 fai 751 anos que o Bispo de Mondoñedo fíxose cas parroquias (ou parte delas) de Vilarmide, Vilaboa, Vilameá e Vilaoudriz trocándollas ao Abade e Convento de Meira por outras da Terra Chá. As Terras de Miranda pasaron pois a depender de Mondoñedo no ano 1263. Agora parece que o Bispado non sabe o que facer cas parroquias. Dosifica o culto e condicionao a que non haxa pancartas nin protestas contra o cura. Dende o 29 de agosto, día en que todo "estoupou" en Conforto, o Bispado non se moveu un milímetro na súa postura. A estas alturas non parece excesivo dicir que o inmovilismo desta estructura eclesial caduca e "despistada" da realidade, é a maior axuda á "desafección" polo culto católico que eu coñezo. Non estaba equivocado o noso alcalde cando dicía que "están botando á xente das igrexas". O que os veciños queren é botar aos curas e que lles manden outros que agarren as mesmas pancartas dos v