Conforto nun "Relato Salvaxe"
Unha Santa que se ispe diante da multitude para demostrar a súa inmaculada auténticidade tardogótica, aparece desmellorada despois dun frenético ir e vir nunha bolsa de “El corte Inglés”. Sin saberse a onde nin con quen. De volta trae no colo un fillo que ninguén coñecera, que faltaba dende a época da Inquisición. O rapaz descoñecido produce marmulacións de pecados inconfesables. Un cura que fachendea da súa erudita formación artística ao tempo que se aplica afanoso a taladrar cunha broca do 10 (de Widia por suposto) unha, presuntamente auténtica, talla do século XV, para introducirlle, artísticamente, unha “varilla roscada”. Algúns din que o do taladro foi “o canteiro descoñecido” do que hai cara pero non nome nin enderezo. Un Párroco de aparencia feble, empeñado en demostrala, que arrastra o seu arrepentimento como se fose unha cruz da que nin intenta sacudirse. Camiña temeroso e trémulo cara un destino incerto, seguramente lonxe da súas parroquias. Un carís