PORÉN (1)
Hai quen pensa que o asunto dos curas que enche a prensa, as redes sociais e moitas conversas dos veciños da Pontenova, está moi politizado. Algúns pensan que dende Ponte Ágora, quen asina, trata de facer "política" deste asunto. Os que así se manifestan tratan de aplicar "política" como adxectivo pexorativo, porén para a maioría, "política" é "substantivo" en moitas das acepcións da RAE . Xa non participo en política e, por si houbese algunha dúbida, non teño planes de participar a medio prazo, porén non son alleo aos problemas "políticos" do noso Concello e, a estas alturas, non teño problema ningún, só faltaría, en escribir sobre política municipal. Na Pontenova nos últimos 60 anos pecharon máis de 300 empresas e as que pretendían ubicarse en terreos deste concello, foron instalarse a outros concellos porque non había solo disponible, porén o Parque empresarial segue sen rematarse. Tódolos partidos políticos