Feiras e Festas A Pontenova 2013
No 1984 un debuxo de Mínel ilustraba a portada de O Gouño. A curta vida daquel periódico non impide que hoxe 30 anos despois o debate sobre as Feiras de outubre conte ca testemuña dun antecedente onde a situación era similar por non dicir idéntica.
Se cadra a diferencia era que daquela as Feiras eran As Feiras de Outubre e dende entón a alguén se lle ocurriu que eran As San Lucas, non cabe dúbida de que influído polas de Mondoñedo. Seguramente se rebuscamos na historia, as feiras da Augaxosa, as da Pontenova e as de Mondoñedo tiñan moita relación, anque non tanta como para chamarse igual. É posible que se me escape o antecedente do nome pero, en fin, pouco importa como se chamen se finalmente non as hai. No 84 houbo Feiras de Outubro.
Comentarios