Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2013

"A Chocolateira", sen ferruxes.

Imaxe
Dicía José Saramago que “somos a memoria que temos e a responsabilidade que asumimos. Sen memoria non existimos e sen responsabilidade se cadra non mereciamos existir” . Vendo o documental “A Chocolateira” podemos darnos conta de ata onde asumimos a nosa responsabilidade de que a memoria común non sexa manipulada, terxiversada ou contaminada. Non entro no da intención porque é algo totalmente subxectivo do autor e pretendo ser obxectivo na exposición de feitos para poder exercer unha crítica construtiva. Recoñezo o mérito, a calidade e tamén a necesidade dun documental coma este. Vai ser unha óptima canle de transmisión da memoria, e polo tanto á par que me apetece aplaudilo tampouco podo obviar aquelo que o mingua e que seguramente o autor descoñecía previamente. En fin, ferruxes e excrecencias perfectamente evitables que maculan sen necesidade. Houbo unha frase “santo e sinal” dos veciños da Pontenova no inicio da década dos oitenta que encheu as paredes e as pancartas se

Feiras e Festas A Pontenova 2013

Imaxe
No 1984 un debuxo de Mínel ilustraba a portada de O Gouño. A curta vida daquel periódico non impide que hoxe 30 anos despois o debate sobre as Feiras de outubre conte ca testemuña dun antecedente onde a situación era similar por non dicir idéntica. Se cadra a diferencia era que daquela as Feiras eran As Feiras de Outubre e dende entón a alguén se lle ocurriu que eran As San Lucas, non cabe dúbida de que influído polas de Mondoñedo. Seguramente se rebuscamos na historia, as feiras da Augaxosa, as da Pontenova e as de Mondoñedo tiñan moita relación, anque non tanta como para chamarse igual. É posible que se me escape o antecedente do nome pero, en fin, pouco importa como se chamen se finalmente non as hai. No 84 houbo Feiras de Outubro.

BADALADAS EN TARAMUNDI

Imaxe
Hai días do verán en que no val do Eo, sen necesidade dunha capacidade olfativa extraordinaria, nótase ese cheiro a “repolo podre” que caracteriza os lugares onde hai instaladas fábricas de celulosa. O cheiro, por esas cousas extranas da meteoroloxía, percorre dende a costa de Ribadeo todo o val do Eo, ata chegar á Pontenova. Se cadra habería que sentir ledicia de que sexa pouco e poucos días. Nunca tiven moi claro eso dende que coñecín Navia  no seu día a día. Nos días de verán en que o recendo do Chao de Soutodemogos era nos amenceres a herba recén segada e nos mediodías a herba seca, seguramente porque o monte das Redondas non deixaba pasar aquelas brisas do Eo que transportaban outros cheiros do nordés. Neses días claros  sempre me chamou a atención o preto que se escoitaba a campá da igrexa de San Martiño de Taramundi . Todo hai que dicilo cando abría a fiestra, seguramente co sol xa ben erguido, unha das cousas que primeiro vía era o campanario da igrexa de Taramundi. Eu pen

"...el funcionamiento de la corporación municipal de Villaodrid es irregular"

Imaxe
O 21 de febreiro de 1924, Don Miguel de Unamuno foi destituído como Rector da Universidade de Salamanca e desterrado á Illa de Fuerteventura, onde escribiu “Romancero del destierro”, por estar en contra da ditadura de Primo de Rivera. Xusto un mes antes finou en Gorki (Rusia) Vladimir Ilich Ilianov máis coñecido como Lenin e primeiro presidente da Unión Soviética. Por aquí as cousas non estaban moi tranquilas tampouco. Julio Lazúrtegui seguia pelexando polo ferrocarril que unira Ribadeo cas minas do Bierzo aproveitando os máis de 30 kilómetros de vía xa construídos dende Vilaoudriz para dar saída ao mar ao ferro da súa explotación mineira. Mondoñedo, Lourenzá, Vilalba, etc artellaban un auténtico “lobby” para opoñerse a este proxecto e lograr que pasase pola cidade episcopal. Seguramente non lles faltaban argumentos para defender a existencia dun ferrocarril que dese servizo a eses concellos, o que lles faltou foi un emprendedor da talla de Lazúrtegu