PONTE CONTRA O TRAZADO DA LIÑA BOIMENTE-PESOZ

Santa Eulalia de OscosA Pontenova e Fonsagrada teñen presentado un contencioso contra o trazado da liña, a asociación Camín Grande vai presentalo. 
Veciños de todos os concellos polos que pasa a liña que ven afectados terreos da súa propiedade e aqueles que sin ser afectados nas súas propiedades se sintan prexudicados ou ameazados polos posibles efectos nocivos para a saúde sobre os que hai moitas opinións, ou os que vexan prexudicados os seus negocios de turismo rural, a súa afición á caza, ao sendeirismo, a pesca, etc, as súas explotacións gandeiras ou forestais, todos en xeral poden e deben presentar alegacións específicas sobre o tema particular que lles preocupa e tamén poden pedir un escrito de alegacións tipo elaborado polos asesores xurídicos e técnicos de Camín Grande.

Para obter información sobre o estudo de impacto ambiental pódese consultar o BOE do 21/12/2010 e os seus erros de bulto e as manifestas contradicións co que manifesta  REE na sua web e nas publicacións que patrocina.

A hipocresía que destilan os Informes anuais de Red Eléctrica ponse de manifesto na fotografía e os "datos gordos" que se nos enseñan sin pudor.

Outra das mentiras cas que tratan de convencernos de que vai ser imposible parar esta desfeita é de que se trata dunha empresa pública. Solamente o 20% de Red Eléctrica de España é de propiedade pública, o resto cotiza en bolsa e reparten sustanciosos dividendos mentras a nosa factura eléctrica sigue subindo. Si temos en conta que o nominal das accións é de 2,00 euros e no 2010 repartiron 1,87 euros por acción, o rendemento é do 93,50 % do nominal, aproximadamento o mesmo que perderán os titulares das participacións preferentes de Caixa Galicia, CAM e outras. Non hai adxectivo calificativo capaz de graduar dun xeito proporcionado esta situación.


Comentarios

Hoxe recibín igual que recibo periódicamente unha revista dixital de Red Eléctrica de España que deixou os datos dos dividendos de 2010 un pouco obsoletos en tódolos sentidos.
Pasan de 1,87 euros/acción a 2,21 euros por acción, o que significa unha retabilidade sobre o nominal do 110,50 %.
Non é ético nin estético que se presenten estes resultados mentras particulares e empresas pagan a enerxía eléctrica aos precios que a estamos pagando. Tampouco é de recibo que se nos diga que resulta moi caro soterrar as liñas de alta tensión.
Pódense consultar os resultados en http://www.ree.es/sala_prensa/ext_img/Presentacion_Junta_2012.pdf

Publicacións populares deste blog

VOTAR COMO ANIMAIS

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

O que a "verdade" esconde