IDIOTA

Sonaron cantos de sereas, que eran só iso. Cantos de serea sobre os “métodos” cos que o Rexistrador da Propiedade nos sacará da crise; e non fun capaz de entender nada, seguramente porque eu pensaba que os rexistradores da propiedade son esa parte da economía que resulta absolutamente improdutiva. ¿Necesarios? Tal e como está estruturada esta sociedade, seguramente si, pero tamén perfectamente prescindibles, substituíbles e algúns ...ibles máis.

Non entendo cales son os elementos de confianza que pode ofrecer á sociedade española un rexistrador da propiedade que pertence a un colectivo (exercera ou non) que sacou os seus ingresos máis altos en plena burbulla inmobiliaria. Moita compra-venta de vivendas, terreos, hipotecas ao promotor, cancelacións, novacións, notas simples, certificacións rexistrais, inscrición de obra nova en construción para obter a hipoteca promotor, declaración de obra nova e división horizontal, agregación e segregación de fincas son a materia prima dun negocio multimillonario que pagamos os hipotecados.

Este adorador de “Merkoci” non nos aclara nada pero temos que supoñer que dado que o noso patrimonio “nacional” xa nolo vendeu a nos mesmos (¿...?) o Sr. Aznar fai xa moito tempo, para reducir o déficit público vai utilizar o “método contable alemán” que tanto lle axudou á Alemaña Merkeliana, borrando a golpe de anotación contable 55.000 Millóns de euros da súa débeda pública. Todos queremos o “método alemán” para aplicalo á nosa hipoteca.

Coitadiños só son cantos de serea.

Eu son un deses idiotas que fai uns días sinalou González Pons. Eu tamén confío en Rubalcaba, non porque nos vaia sacar da crise de inmediato (o rexistrador tampouco), senón porque quer que poidamos saír todos xuntos, sen deixar a ninguén na estacada.

Hoxe escoitei outra serea na boca da Cospedal, unha serea de aviso http://www.publico.es/espana/407072/cospedal-vaticina-protestas-cuando-rajoy-diga-lo-que-hay-que-hacer-elecciones-generales-2011 . Unha serea que mete medo e me deixa máis idiota. Hoxe son aínda máis de Rubalcaba. Nunca me gustaron os lobos, sobre todo cando traen pel de año. Sempre me gustou que me contasen a verdade, son maior de idade tamén en política. http://www.escolar.net/MT/archives/2011/11/las-cuentas-que-oculta-rajoy.html

Comentarios

manuel dixo…
unha aperta:
o rexistrador da propiedade quere rexistrar o país o seu nome. e a Cospedal, "en celda aunque la llamen Presidencia", axudará nelo.
saúde

Publicacións populares deste blog

Como funciona a Galicia que FUNCIONA ¿..?

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

MAÑÁ TOCA VOTAR CON ...XEITO