Inocencio Bermúdez na Memoria


Ni una palabra
Blas de Otero

Ni una palabra
brotará en mis labios
que no sea
verdad.
Ni una sílaba,
que no sea
necesaria.
Viví
para ver
el árbol de las palabras, di
testimonio
del hombre, hoja a hoja.
Quemé las naves
del viento.
Destruí
los sueños, planté
palabras
vivas.
***

Inocencio Bermúdez foise igual que viviu, silenciosamente, pacíficamente, achegado á súa familia. Queda un fondo valeiro que somentes enche a lembranza de quen foi como persoa e da súa actitude fronte á vida e a prol da verdade do pasado como ferramenta de futuro. Él ensinounos o extraordinario poder da memoria, da verdade e da palabra.

Quédanos a súa memoria, aquelo que nos ensinou. Quédanos a forma de brotar a súa palabra. Nin unha sílaba súa amosou nunca rencor, nin un soio acento na revancha, nin unha soia concesión á vinganza.

A súa paz foi, é e será contaxiosa naqueles que tivemos a inmensa sorte de manter longas conversas sobre a súa memoria; esa memoria que se nalgún momento o desacougaba era porque non quería que naide se sentise molesto. Nunca quixo molestar, somentes lembrar para construir o futuro sobre a sólidez da verdade por si mesma.

A súa memoria é un legado que somentes poderemos pagarlle si a mantemos viva. Deixounos a súa palabra, o seu sentido da paz e da responsabilidade. Agora nós temos a súa memoria e a súa palabra, e somos responsables de que siga viva.

É unha honra asumir a parte de responsabilidade que me toca e un inmenso orgullo ter amigos coma Inocencio Bermúdez.

Comentarios

Perfecto Conde dixo…
Tamén eu quero plantar palabras vivas en memoria de Inocencio.
Perfecto Conde

Publicacións populares deste blog

Como funciona a Galicia que FUNCIONA ¿..?

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

MAÑÁ TOCA VOTAR CON ...XEITO