Cabaleiros

Cabaleiros, por encima de todo. Cabaleiros no amplo sentido da palabra. O úneco ruido que fixeron foi o das ferraduras dos cabalos polas rúas da Pontenova e indo e vindo de Conforto. Á hora de tomar as copas cada un é libre de ir como queira se no establecemento lle deixan, que o importante é divertirse sin facer dano a naide.

Cecais dende os tempos das feiras de outubre nas que había feira de gando non se acordan tantos cabalos nun domingo na Pontenova.

Un pode "pasmar" vendo ós cabalos e os cabaleiros circulando polos camiños que os levan a coñecer a Pontenova e sentir unha sana envexa deles disfrutando da fermosa cabalgada. Esperamos pasmar uns e participar na cabalgada outros en xeiras que desexamos compartir con eles noutras andainas polos nosos camiños que nos axudarán a descubrir.

Gracias, Cabaleiros dos Gabeás.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Como funciona a Galicia que FUNCIONA ¿..?

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

MAÑÁ TOCA VOTAR CON ...XEITO